Este mural de Cambre é escollido como un dos mellores do mundo

A creación do artista portugués Ricardo Romero opta ao premio a mellor mural do mundo do mes de agosto despois de lograr o voto do público nas redes sociais da plataforma Street Art Cities.
O Mural 'Metamorfose' de Ricardo Romero en Cambre (Foto: Concello de Cambre).
photo_camera O Mural 'Metamorfose' de Ricardo Romero en Cambre (Foto: Concello de Cambre).

'Metamorfose', mural do artista portugués Ricardo Romero, foi nomeado como un dos mellores do mundo pola plataforma Street Art Cities.

A obra foi seleccionada entre un total de 100 propostas e agora compite con outras 24 para alzarse co título de mellor mural do mes de agosto, segundo informa o Concello de Cambre (comarca da Coruña), onde se encontra o mural.

A creación do artista portugués opta a este recoñecemento despois de lograr o voto do público nas redes sociais da plataforma, a cal selecciona cada mes algúns dos mellores murais grazas aos street art hunters (cazadores de arte urbana).

Romero mostrouse "moi orgulloso" de ser seleccionado.

"Algo moi positivo"

"Algo moi positivo para min, pero tamén para o concello de Cambre e o seu recoñecido Cromático Mural Fest", dixo sobre a exhibición do mural neste municipio.

Pola súa parte, o alcalde, Óscar García Patiño, incidiu no "orgullo" que supón para o concello que "un ano máis, Cambre se posicione a nivel internacional dentro do mundo do muralismo".

Comentarios