Mon Devane homenaxea o doutor De Vega, fusilado polos franquistas

Novo mural no festival Culturbán de Lugo.
Devane, Iago Eireos, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, ante o mural. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Mon Devane, Iago Eireos, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, ante o mural. (Foto: Concello de Lugo)

En Lugo, o tenente alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, ambos do BNG, visitaron o artista ourensán Mon Devane, que rematou esta terza feira o mural enmarcado dentro do festival Culturbán. A obra está situada na rúa Rafael de Vega e homenaxea o doutor  represaliado polos franquistas e que dá nome á rúa. Representouno con forma do deus romano da curación, o que é unha modernización do mito nun encontro entre mitoloxía e modernidade.

A temática formulada está, polo tanto, relacionada coa medicina. A reinterpretación do deus Esculapio foi realizada cunha base de pintura plástica e acabado con pintura en aerosol, cunha paleta monocromática con predominio dos tons turquesas.

Nas eleccións xerais de 1931 De Vega foi elixido deputado por Lugo polo Partido Republicano Radical. En 1936 foi detido polos militares franquistas, sufriu un simulacro de xuízo e foi fusilado.

Ferreiro destacou que "co Culturbán damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas".

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios