Joe Biden

O presidente dos EUA, Joe Biden, nunha visita a Nova York. (Foto: Bruce Cotler / ZUMA Press Wire)
INTERNACIONAL

Joe Biden anuncia que se presentará á reelección para a Presidencia dos EUA

Aos seus 80 anos de idade, Biden é o líder de maior idade na historia do país norteamericano e en caso de completar un segundo mandato, faríao con 86 anos, o que está a causar preocupacións sobre a prolongación da súa carreira presidencial.
O presidente dos EUA, Joe Biden, asegurou onte a "estabilidade" do sistema financeiro a pesar das crebas acontecidas nos últimos días (Saquan Stimpson / Europa Press / Contacto).
INTERNACIONAL

Biden chega a Irlanda do Norte polo aniversario do Acordo do 'Venres Santo'

O Goberno de Londres dificulta a revisión de condenas inxustas.
O presidente dos EUA, Joe Biden, nunha visita a Nova York. (Foto: Bruce Cotler / ZUMA Press Wire)
INTERNACIONAL

Joe Biden asina a lei que pon fin á emerxencia sanitaria pola Covid-19

A Casa Branca sinalou a finais de xaneiro a súa intención de deixar de considerar a Covid-19 unha emerxencia sanitaria o 11 de maio.
O presidente dos EUA, Joe Biden, na Casa Branca. (Foto: Ken Cedeno-Pool via CNP / Zuma Press)
INTERNACIONAL

Un informe revela que Joe Biden recibiu máis dun millón de dólares dunha empresa chinesa

O Comité de Rendición de Contas da Cámara de Representantes dos EUA analizou rexistros financeiros no marco dunha investigación sobre o tráfico de influencias e supostas tramas empresariais de Joe Biden.
Descarrilamento en Ohio. (Foto: Europa Press / Contacto / NTSB)
INTERNACIONAL

O primeiro informe denuncia fallos mecánicos no tren que descarrilou con tóxicos en Ohio

Unha vintena de vagóns tiñan substancias tóxicas que acabaron por filtrarse ao medio ambiente a pesar da polémica actuación gobernamental, que permitiu á empresa queimar os produtos químicos ao comezar a arder os vagóns accidentados.
O presidente dos EUA, Joe Biden, e o de Ucraína, Volodimir Zelenski,a segunda feira. (Foto: Presidencia de Ucraína / dpa)
star
INTERNACIONAL

Biden anuncia en Kíiv que enviará máis armamento a Ucraína, incluído algún "que non se subministrou antes"

O mandatario estadounidense Joe Biden corroborou o apoio a Ucraína nunha breve visita ao país co coñecemento de Rusia, á vez, a China rexeita a inxerencia de Washington e Bruxelas ao respecto da súa relación con Moscova. Pola súa parte, Rusia denuncia crimes de guerra ucraínos e o volume de armamento enviado pola OTAN a Kíiv.
O presidente dos EUA, Joe Biden, nunha visita a Nova York. (Foto: Bruce Cotler / ZUMA Press Wire)
EUA

Novo rexistro do FBI na Universidade de Delaware buscando documentos clasificados de Joe Biden

O FBI atopou xa diferentes materiais nas casas do presidente en Wilmington e Rehoboth Beach (Delaware), así como na oficina en Washington do Penn Biden Center.

O Pentágono advirte a Biden

Donald Trump nunha protesta polo resultado das eleccións (Foto: Bryan Smith / ZUMA Wire / Dpa)
INTERNACIONAL

"Son uns comunistas". Trump dá inicio á súa campaña centrando o seu discurso en Joe Biden

O ex presidente dos EUA criticou a "corrupción masiva" vista no computador portátil de Hunter Biden, fillo do actual inquilino da Casa Branca.
Hunter Biden abrazado coa súa familia durante a investidura de Joe Biden en 2021. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O fillo de Joe Biden, pendente da Xustiza dos Estados Unidos con negocios en Ucraína de por medio

Entre as acusacións máis repetidas polos republicanos estadounidenses está o baixo perfil das informacións sobre o fillo do presidente, que consideran ocultación. Agora, a Xustiza terá a última palabra sobre a acusación de tráfico de influencias con Ucraína de por medio, un máis dos múltiples escándalos nos que se viu envolto nos últimos anos.
O presidente dos EUA, esta cuarta feira (Foto: Europa Press / Contacto / Andrew Harrer - Pool via CNP).
INTERNACIONAL

Encontran novos documentos clasificados no garaxe de Joe Biden

O novo lote atopouse nun lugar separado do primeiro e desde entón, os asistentes da Casa Branca estiveron buscando documentos clasificados adicionais noutros lugares.
Cassidy Hutchinson (Andrew Harnik / Poool via CNP / Zuma Press / Contact).
INTERNACIONAL

Unha ex asistente da Casa Branca di que o xefe de gabinete de Trump queimaba documentos após perder as eleccións

Cassidy Hutchinson, antiga asistente da Casa Branca durante a Administración de Doanld Trump, asegurou que viu como o xefe de gabinete do entón máximo mandatario dos EUA, Mark Meadows, adoitaba queimar documentación durante as últimas semanas de Trump no cargo.
O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, arroupado por unha bandeira do seu país sustentada pola vicepresidenta dos EUA, Kamala Harris, e a líder do Congreso, Nancy Pelosi. (Foto: Carol Guzy / ZUMA Press Wire)
INTERNACIONAL

Zelenski visita os Estados Unidos para reclamar máis armas

Para Moscova, a presenza do presidente ucraíno en territorio americano pode "recruar o conflito".

Twitter cambia de bando

O presidente dos EUA, Donald Trump. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Trump anuncia a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2024 nos Estados Unidos

Os republicanos, a piques de controlar a Cámara de Representantes ante o avance no escrutinio, que os deixa a apenas un escano de obter a maioría na cámara baixa. Mentres os republicanos continúan a debater sobre uns resultados por baixos das expectativas, o ex presidente Trump lanza a campaña para tratar de volver á Presidencia en 2024.
O presidente chinés, Xi Jinping, xunta o seu homólogo estadounidense, Joe Biden, antes de reunirse a segunda feira en Indonesia. (Foto: Casa Branca)
INTERNACIONAL

Washington e Beijing dan os primeiros pasos para arrefriar a tensión mutua

Esta terza feira comeza o cumio de líderes do G20 en Balí, Indonesia. A reunión internacional chega tras a conversa entre Xi e Biden, que impulsan o comezo dunha desescalada nas relacións bilaterais aínda insuficiente para adoptar unha resolución común na cimeira.
O ex presidente Donald Trump. (Foto: Orit Ben-Ezzer / ZUMA Press Wire / d / DPA)
INTERNACIONAL

A OSCE critica os "esforzos" por minar a confianza na democracia nos Estados Unidos

Os republicanos están perto de facerse coa Cámara de Representantes, outra cousa é o Senado, con moitas posibilidades de que a maioría non fique definida até a segunda volta en Xeorxia, que decorrerá a comezos de decembro.
Esta terza feira comezaron as votacións na costa leste dos EUA (Foto: Jessica Gallagher / Dispatch Argus / DPA).
INTERNACIONAL

Dan comezo as eleccións de metade de mandato nos EUA coas sondaxes apuntando a unha maioría republicana

A votación determinará a composición do Senado e a Cámara de Representantes, onde a maioría das sondaxes apuntan a unha posíbel vitoria do Partido Republicano.
Michelle Lujan Grisham, gobernadora de Novo México, e Joe Biden, presidente dos EUA, nun acto de campaña a quinta feira. (Albuquerque Journal via ZUMA / d / DPA)
INTERNACIONAL

Os republicanos parten coa vantaxe das enquisas nas eleccións de hoxe nos EUA

Biden trata de evitar unha derrota na Cámara de Representantes e no Senado que lle dificultaría aplicar o seu programa cando menos até 2024, mentres os Republicanos buscan gañar o primeiro asalto dunhas eleccións presidenciais cun moi probábel novo enfrontamento Biden-Trump.

Ataque onte a Dnipro (Ucraína). (Foto: Ukrinform / dpa)
INTERNACIONAL

Congresistas demócratas retiran a petición a Biden de impulsar a diplomacia para acabar coa guerra en Ucraína

As presións recibidas fixeron recuar os representantes da á progresista da formación, que argumentan que a carta confundía os votantes dos próximos comicios, pola defensa do Partido Republicano de limitar a axuda a Ucraína.