Unha ex asistente da Casa Branca di que o xefe de gabinete de Trump queimaba documentos após perder as eleccións

Cassidy Hutchinson, antiga asistente da Casa Branca durante a Administración de Doanld Trump, asegurou que viu como o xefe de gabinete do entón máximo mandatario dos EUA, Mark Meadows, adoitaba queimar documentación durante as últimas semanas de Trump no cargo.
Cassidy Hutchinson (Andrew Harnik / Poool via CNP / Zuma Press / Contact).
photo_camera Cassidy Hutchinson (Andrew Harnik / Poool via CNP / Zuma Press / Contact).

Cassidy Hutchinson, antiga asistente da Casa Branca durante a Administración de Doanld Trump, asegurou que viu como o xefe de gabinete do entón máximo mandatario dos EUA, Mark Meadows, adoitaba queimar documentación durante as últimas semanas de Trump no cargo, segundo transcricións das súas declaracións ante o comité do 6 de xaneiro.

Hutchinson, unha das testemuñas estrela das audiencias públicas da comisión que se encargou de investigar o ocorrido ao redor do asalto ao Capitolio o pasado mes de xaneiro, relatou, segundo as transcricións publicadas esta semana que viu a Meadows utilizar varias veces a cheminea da súa oficina en decembro de 2020.

"Unha ou dúas veces á semana [...] Talvez unha ducia de veces, talvez un pouco máis [...] entre decembro e mediados de xaneiro", dixo Hutchinson, quen, con todo, non soubo precisar se todo aquilo que Meadows lanzou ao fogo eran só duplicados, as primeiras copias orixinais ou material protexido.

Hutchinson tamén revelou que en polo menos dúas ocasións esa queima de documentos se levou a cabo tras reunirse co representante republicano Scott Perry, un dos aliados de Trump sinalados por tentar utilizar o Departamento de Xustiza para anular as eleccións nas cal Joe Biden, actual presidente estadounidense, saíu vencedor.

Nestas últimas transcricións que se fixeron públicas tamén Hutchinson fai referencia a varias conversas que se mantiveron entre as paredes da Casa Branca a respecto da teoría da conspiración de grupos como QAnon.

QAnon

QAnon é é unha das principais teorías da conspiración da extrema dereita estadounidense a cal detalla unha suposta trama secreta organizada por un suposto «Estado profundo» contra Donald Trump e os seus seguidores.

A idea xeral da trama é que hai actores e actrices de Hollywood, identificados como politicamente progresistas, políticos do Partido Demócrata e funcionarios de alto rango que participan nunha rede internacional de tráfico sexual de nenos e realizan actos pedófilos.

Comentarios