galego

A banda de metalcore Cabodano (Foto: Cabodano).
CULTURA

VÍDEO | O metal máis "duro" tamén se canta en galego

O que está considerado como un dos tipo de metal máis "duro" pola intensidade do seu son, o metalcore, tamén se canta en galego. Cabodano é unha banda de Sigüeiro, no municipio de Oroso, na comarca de Ordes, que leva anos representando este estilo musical no idioma da Galiza, e este Nadal, quixeron agasallar ao seu público co tema 'A lombos dun corvo', un adianto do seu próximo disco que chegará co novo ano. Neste tema, a banda galega de metalcore fai referencia aos corvos, os soldados xaponeses de clase baixa que eran enviados á guerra nas primeiras décadas do século XX en pésimas condicións de vida. 
O cineasta Jorge Boquete (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Jorge Boquete: "Ser a primeira serie en galego en recibir o galardón a Mellor episodio piloto é un orgullo"

Jorge Boquete (A Coruña, 1991) é o director da webserie A arte de ser (mal) pai, que fora galardoada co premio do público durante a pasada edición do Carballo Interplay e que vén de ser recoñecida como a primeira serie en galego en alcanzar o galardón mellor episodio piloto do Festival Serielizados.
O enxeñeiro galego Alberto Martínez Pellicer. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Cal é a orixe do termo 'cibercarracho' e por que se popularizou até chegar a Palabra do Ano?

A Palabra do Ano 2023 é 'cibercarracho', un termo aínda non recollido no Dicionario da RAG que naceu no programa da TVG 'Dígocho eu' durante unha "tormenta de ideas" do equipo de guionistas. Falamos co seu promotor, o enxeñeiro de telecomunicacións Alberto Martínez Pellicer, sobre o éxito deste concepto, o seu significado e as múltiples ameazas ás que todas e todos estamos expostos na rede.
A RAG anunciou hoxe a palabra gañadora.
LINGUA

O galego xa ten palabra do ano: 'cibercarracho'

O termo fai referencia ás persoas que cometen delitos na rede e naceu no programa da TVG 'Dígocho eu'.
Sara Rodríguez, autora do 'Dicionario do Galego do Bierzo' (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Sara Rodríguez, autora do 'Dicionario do Galego do Bierzo': "Fala máis galego a miña avoa do Bierzo que a de Vigo"

Sara Rodríguez, natural do municipio de Carracedo, no Bierzo, é a autora do 'Dicionario do Galego do Bierzo', publicado pola Universidade de Vigo. Rodríguez atendeu 'Nós Diario' para tratar o proceso de elaboración deste dicionario e a situación xeral en que se encontra a lingua galega na súa zona de nacemento.

O Proxecto Nós no Culturgal de 2023 (Foto: Proxecto Nós).
LINGUA

Que nos entenda Siri: así podes doar a túa voz para que o galego estea presente na Intelixencia Artificial

Esta terza feira recolléronse mostras vocais de maneira presencial na proba piloto habilitada na aula Cemit de Porto do Son. Mais tamén se poderán facer doazóns de maneira telemática a través do novo espazo web habilitado para tal fin.
O Apalpador, esta sexta feira, na praza do Obradoiro da capital galega. (Foto: A Mesa)
LINGUA

O Apalpador reclama a Rueda o cumprimento da 'Iniciativa Xabarín'

O acto reivindicativo decorreu no Obradoiro.
O líder de Vox, Santiago Abascal, hoxe, no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

Vox confirma que concorrerá ás eleccións para "facer fronte á imposición do galego" e ás "políticas feministas estériles"

Os ultraespañolistas ven a Xunta "secuestrada desde hai anos" por un PP "rendido a políticas propias de gobernos de esquerdas".

Dupla oficialização do galego na UE?

Pablo García, presidente da Amega intervén na homenaxe a Lamas Carvajal (Foto: Amega).
SOCIAL

A Asociación de Medios en Galego homenaxea en Ourense Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal fundou o primeiro xornal escrito integramente en lingua galega: 'O Tío Marcos da Portela'.
José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
star
Análise

A chave tena Andorra

Xosé Henrique Costas é catedrático de Filoloxía Galega da UVigo.
Içamento da bandeira galega em Ourense com motivo dos 105 anos da I Assembleia Nacionalista este 18 de novembro. (Foto: Vía Galega)
star
Análise

O cessar-fogo, o hastear da bandeira

Carlos Garrido é professor da UVigo e presidente da Comissom Lingüística da AEG.
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
LINGUA

O Goberno español renuncia finalmente a levar a votación a oficialidade do galego na UE

A Comisión Europea presentou unha breve estimación "preliminar" que se basea na experiencia de Irlanda co gaélico e apunta un custo anual de 44 millóns de euros por lingua, o que no caso español elevaría a contía a polo menos 132 millóns de euros por ano.
Ilustración do Apalpador realizada por Héitor Picallo para 'Sermos Galiza'.
LINGUA

Queres agasallar en galego este Nadal? Xa dispoñíbel o catálogo da Mesa para as festas natalicias

As empresas que forman parte do proxecto Abertos ao Galego achegan  diferentes propostas para "facilitar a escolla de agasallos en galego".
Castro de Coaña, nas terras do Eo-Navia (Foto: Markus Braun ).
star
Análise

Manipulación de etiquetas

Xosé-Henrique Costas é catedrático de Filoloxía Galega da UVigo.
USC
LINGUA

113 anos da primeira manifestación convocada polo galego

Foi en Compostela, en 5 de decembro de 1910, convocada por estudantes da universidade.

Un traballador do Congreso dos Deputados coloca en cada escano os auriculares para seguir as intervencións. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
LINGUA

O Supremo inadmite unha querela de Vox contra o uso do galego no Congreso

O TS inadmite a querela de Vox contra Armengol ao non ver delito en avalar as linguas cooficiais antes da reforma.

Exterior do Conservatorio de Vigo (Foto: Conservatorio Superior de Vigo).
LINGUA

O Supremo desestima o recurso do profesor do Conservatorio de Vigo que pedía usar o castelán nos seus documentos

Segundo o Tribunal Supremo, o recorrente pretende "ser quen determine en que idioma expresarse nas comunicacións administrativas internas", por tanto as súas pretensións "afectan o funcionamento do Conservatorio".
Campaña polo comercio local, en galego, impulsada polo colectivo de empresarios o pasado ano. (Foto: Nós Diario).
LINGUA

A lingua, un atractivo para o comercio local de Redondela

O Concello de Redondela vén de pór o ramo á campaña 'O galego suma no comercio', unha iniciativa que busca incorporar "un elemento de valor patrimonial á propia actividade económica", creando unha marca de identidade característica para o conxunto dos negocios de proximidade. 
Alberto Núñez Feixoo oponse ao uso do galego no Congreso dos Deputados. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
star
Análise

Clásicos básicos

Iria Taibo é tradutora e presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI).