Letras Galegas 2024

A deputada de Lingua, Igualdade e Dereitos Civís, Soledad Agra (Foto: Arxina).
Entrevista

Soledad Agra, deputada: "Reivindicar Villalta e traballar na educación é fundamental"

A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra, fai parte da “máis que merecida” homenaxe que Luísa Villalta recibe este ano con motivo do Día das Letras Galegas. “Era unha muller que reivindicou sempre moito, unha muller moi especial”, di Agra sobre Villalta.
Inés, Andrea, Estela, Marcela e Xiana son as integrantes do grupo A Banda da Loba (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Banda da Loba reivindica a Luísa Villalta máis combativa pondo música ás súas letras en 'E o mar'

Chega a traca final da particular homenaxe a Luísa Villalta da Banda da Loba neste 2024 no que se lle dedican as Letras Galegas. "Non podiamos nin queriamos obviar a cara máis reivindicativa da escritora, que formou parte do movemento Nunca Máis e escribiu tomando posición do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin", explica o grupo. "E o mar é unha homenaxe ao seu activismo, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer", engade a banda. "Tras o Prestige, os pellets. Que virá despois? Queda aprender para non termos que pasar por ningunha traxedia Nunca máis", culmina A Banda da Loba.

Marga do Val. (Foto Arxina).
Día das Letras Galegas

Marga do Val, escritora e tradutora: "Luísa Villalta escribiu para os tempos de hoxe"

A escritora Marga do Val (Vigo, 1964) coordina o número especial do 'Sermos Galiza', con motivo do Día das Letras Galegas, que acompañará 'Nós Diario' este sábado 11 de maio. 'Luísa Villalta. Devir comunidade' aglutina textos dunha ducia de autoras e autores moi próximos a Luísa Villalta.
Villalta con Isaac Díaz Pardo, nunha imaxe do Arquivo da familia.
CULTURA

A Federación Galiza Cultura organiza en Ferrol unha homenaxe a Luísa Villalta

A Capela do Centro Torrente Ballester, desde as 19.30 horas do día 15, acollerá a actividade de celebración que incluirá un recital poético, unha lembranza e un concerto musical protagonizados polo mundo da cultura e polas amizades da autora.
Encontro entre representantes de Queremos Galego e BNG, esta cuarta feira, no Parlamento. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón chama a mobilizarse o 17-M fronte á "desgaleguización" das políticas do PP

O BNG insiste na necesidade de "derrogar o decreto da vergoña", o do 'plurilingüismo'.
Capa do 'Sermos Galiza' sobre Luísa Villalta.
CULTURA

Luísa Villalta protagoniza o especial 'Sermos Galiza' do 11 de maio, con contidos inéditos

Este número do semanario, de 48 páxinas, recolle fotografías, textos e unha carta inédita da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2024.
A viguesa Verónica Santalices é unha das fundadoras da compañía Oviravai (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Verónica Santalices, escritora: "Queríamos mostrarlle ás crianzas o espírito combativo e reivindicativo de Luísa Villalta"

Verónica Santalices (Vigo, 1978), xunto con Federico Wellicki, busca achegar a figura da homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024, Luísa Villalta, ás crianzas a través dunha colaboración entre a compañía Oviravai e a editorial Galaxia: 'O violino de Luísa'.
A escritora Luísa Villalta. (Foto: RAG).
CULTURA

'Luísa Villalta: a rebelión da palabra', a webserie da RAG sobre a protagonista do Día das Letras que xa podes ver

O documental, dirixido por Damián Varela Pastrana, consta de seis episodios nos que máis dunha vintena de voces "trazan un retrato coral sobre a poeta, narradora, ensaísta e articulista coruñesa".

Rota ao interior do ollo. Outras viaxes

Marga do Val é escritora.
A escritora, xornalista e docente Montse Dopico (Foto: Alberto Fílmate).
Contracultura

Montse Dopico: "Grazas a 'Abonda con vivir' descubrín unha Villalta moito máis activista do que sabía que fora"

Montse Dopico (A Pontenova, A Mariña, 1977) é a autora de 'Abonda con vivir' (Xerais), unha análise literaria, sociolóxica e histórica arredor da figura de Luísa Villalta a través da memoria das persoas que a coñeceron.
A escritora Luísa Villalta. (Foto: RAG).
CULTURA

A RAG e Galiza Cultura conmemoran este 6 de marzo a figura de Luísa Villalta

Con motivo desta efeméride e dada a proximidade do 8 de marzo, o Día da Muller, a RAG detense en 'Papagaio', o poemario que escribiu para as fotos de Maribel Longueira sobre o derrube do barrio da prostitución da súa Cidade Alta.

Villalta

Villalta intervindo no acto da Universidade da Coruña con motivo da entrega da Biblioteca Teatral Francisco Pillado Mayor, 1996. (Foto: UDC)
star
CULTURA

'Os pasos contados', a peza teatral inédita de Luísa Villalta

A profesora da Universidade da Coruña e investigadora do Grupo Illa, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, dá conta neste artigo do achádego dunha obra dramática inédita de Luísa Villalta, depositada na Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor.
Luísa Villalta (Foto: Xosé Abad).
CULTURA

Galiza Cultura celebra a figura de Luísa Villalta nun grande acto de homenaxe

O primeiro grande acto de homenaxe e de celebración popular de Luísa Villalta, que neste ano 2024 protagoniza o Día das Letras galegas, terá lugar esta cuarta feira 6 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro, a partir das 20.30 horas.
A narradora oral Vero Rilo, a música Mónica de Nut e a recitadora Nuria Vil (Foto: Yolanda Ataraxia).
Contracultura

Vero Rilo, Mónica de Nut e Nuria Vil: "Desde a nosa perspectiva artística, cada unha de nós dialoga ou reinterpreta a obra de Villalta"

Nuria Vil (Vigo, 1993), recitadora; Vero Rilo (Mugardos, 1984), narradora oral, e Mónica de Nut (Oia, 1976), música, presentan Indóciles, un proxecto multidisciplinar que pretende achegar o legado e a voz de Luísa Villalta ao público. A súa preestrea foi esta quinta feira en Arcade (Soutomaior) e hoxe estrearase no Festival Rosalía de Compostela (20.30 horas).
A escritora Luísa Villalta. (Foto: RAG).
Letras Galegas

Galaxia publicará en abril 'Narrativa reunida', que recolle a obra narrativa publicada en vida de Luísa Villalta

"É necesario ler a Villalta en todas as súas facetas literarias para facerse unha idea da complexidade e calidade do seu corpus creativo", destacan.
Detalles das capas dos catro libros editados por Xerais sobre a vida e obra de Luísa Villalta.
Día das Letras Galegas

Xerais publica estes catro libros sobre a vida e obra de Luísa Villalta

Montse Dopico, María Canosa, Eli Ríos, Beatriz Maceda e Xurxo Souto asinan estas obras.
Luísa Villalta (Foto: Xosé Abad).
CULTURA

Estas son as actividades para "pensar o mundo a través da obra" de Luísa Villalta polas Letras Galegas

A Real Academia Galega presentou esta terza feira as as principais iniciativas que desenvolverá arredor do Día das Letras Galegas que lle dedica a Luísa Villalta no seu vixésimo cabodano. Destacan unha webserie documental, unha pequena biografía sobre a homenaxeada para o público infantil, e o pleno extraordinario e público que se celebrará na Coruña, a "Cidade Alta" de Villalta.
Laura Suárez, Beatriz Maceda e Eli Ríos na presentación da obra na libraría Lila de Lilith de Santiago. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Beatriz Maceda: "Luísa Villalta era unha persoa adiantada ao seu tempo e con moita cultura"

Beatriz Maceda (A Coruña, 1963) é unha das autoras do álbum ilustrado 'Luísa Villalta. Alma de violino' (Xerais), xunto coa escritora Eli Ríos e a ilustradora Laura Suárez.
Retrato de Luísa Villalta nunha praia. (Foto: Arquivo familiar)
CULTURA

A Academia inaugura na web o ano das Letras dedicado a Luísa Villalta

A institución abre a sección sobre a escritora na páxina web institucional cunha biografía da autora á que lle dedica o Día das Letras Galegas 2024 asinada pola académica de número Ana Romaní.