Queres agasallar en galego este Nadal? Xa dispoñíbel o catálogo da Mesa para as festas natalicias

As empresas que forman parte do proxecto Abertos ao Galego achegan  diferentes propostas para "facilitar a escolla de agasallos en galego".
Ilustración do Apalpador realizada por Héitor Picallo para 'Sermos Galiza'.
photo_camera Ilustración do Apalpador realizada por Héitor Picallo para 'Sermos Galiza'.

Desde o ano 2012 a Mesa Pola Normalización Lingüística publica o seu Catálogo de Nadal (dispoñíbel a través desta ligazón) para que os presentes que se fagan nesta época natalicia sexan en lingua galega.

As empresas que forman parte do proxecto Abertos ao Galego achegan  diferentes propostas para “facilitar a escolla de agasallos en galego. No Catálogo de Nadal atoparás variedade de produtos para agasallar nestas festas: libros, xogos, alimentación… nos que o galego está presente”.

"Visibilizar o galego"

“Desde a Mesa consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico. É fundamental visibilizar o galego en datas tan especiais e isto é posíbel grazas ao compromiso destas empresas co uso do galego na súa actividade cotiá”; acrecentan desde a Mesa.

Así, no catálogo poden encontrarse multitude de páxinas con diferentes agasallos para este Nadal, un catálogo que tamén serve como unha especie de escaparate virtual onde as empresas que usan o galego no seu día a día poden presentarse ao público.

Comentarios