CULTURA

VÍDEO | O metal máis "duro" tamén se canta en galego

O que está considerado como un dos tipo de metal máis "duro" pola intensidade do seu son, o metalcore, tamén se canta en galego. Cabodano é unha banda de Sigüeiro, no municipio de Oroso, na comarca de Ordes, que leva anos representando este estilo musical no idioma da Galiza, e este Nadal, quixeron agasallar ao seu público co tema 'A lombos dun corvo', un adianto do seu próximo disco que chegará co novo ano. Neste tema, a banda galega de metalcore fai referencia aos corvos, os soldados xaponeses de clase baixa que eran enviados á guerra nas primeiras décadas do século XX en pésimas condicións de vida. 
Comentarios