O capital portugués e brasileiro lideran o investimento estranxeiro na Galiza
Os datos do investimento estranxeiro na Galiza desvelan a súa orientación cara á industria manufactureira. O ano pasado, liderouno o capital checo, con 269,6 millóns de euros (64,8% do total). Con todo, no acumulado entre 2010 e 2023 son os Estados lusófonos Portugal e o Brasil quen encabezan o gasto.