18-F | Entrevista

Ana Pontón, de perto: non sae da casa sen almorzar

A candidata do BNG máis cercana fala con 'Nós Diario' dos seus gustos persoais.
Ana Pontón. (Foto: Arxina)
photo_camera Ana Pontón. (Foto: Arxina)

Preguntamos á candidata do BNG á Presidencia da Xunta da Galiza, Ana Pontón, polos seus gustos persoais para que as lectoras e lectores poidan coñecela máis de perto. Gústalle cociñar? Cal é a súa película ou serie de televisión favorita? Que plan ten para un sábado calquera? Estas son as súas respostas.

—Último libro que leu?
Miedo, de Patricia Simón, e estou co libro de Xesús Fraga, Virtudes (e misterios), pero estes días non podo seguir o fío.

—Series ou películas?
Non creo que haxa que escoller, hai momentos en que as series están xenial e ver unha peli no cine é impagábel. Unha das miñas series favoritas é O conto da criada. Tamén gostei moito da última que vin, The architect, unha distopía sobre o problema de acceso á vivenda.

@nosdiario

🗣Preguntamos á candidata do BNG á Presidencia da Xunta da Galiza, Ana Pontón, polos seus gustos persoais para que as lectoras e lectores poidan coñecela máis de perto. Gústalle cociñar? Cal é a súa película ou serie de televisión favorita? Que plan ten para un sábado calquera? Estas son as súas respostas. 📝María Obelleiro 📺Yuri Carrazoni Mier 📲Le a entrevista completa en nosdiario.gal

♬ sonido original - Nós Diario

—Un plan de sábado fóra da campaña?
O que máis me apetece é poder pasear, estar coa miña familia, coa miña filla, coa miña parella, cos meus amigos... levamos mes e medio moi desconectados.

—Cal é a súa bebida e comida preferida?
Un  viño branco galego, e comida... é moi difícil decidir. Agora, diría un cocido e no verán, un ceviche.

—Non pode saír da casa sen...
Sen almorzar.

Comentarios