18-F | ENTREVISTA

Paula Prado, de perto: O mar e a praia como lugares de relaxación

Preguntamos á candidata número 2 do PP pola Coruña, Paula Prado, polos seus gustos persoais para que as lectoras e lectores poidan coñecela máis de perto. Gústalle cociñar? Cal é a súa película ou serie de televisión favorita? Que plan ten para un sábado calquera? Estas son as súas respostas.
Paula Prado. (Foto Yuri Carrazoni Mier)
photo_camera Paula Prado. (Foto: Yuri Carrazoni Mier)

Fan de Suso de Toro 

O último libro que leu Paula Prado foi La Fiesta del Chivo, de Mario Vargas Llosa, o seu autor favorito. "Aínda que pareza sorprendente, teño lido moito a Suso de Toro, e incluso teño moitos libros dedicados por el", engade a popular. 

Series e películas

A Prado gústalle desconectar os sábados pola tarde cunha boa película, mais tamén lle gustan as series, sempre que sexan curtas. Destaca The Good Wife como serie e Matria como película, da que di: "É moi dura mais gustoume moito".

@nosdiario 🗣A secretaria xeral do PP na Galiza e candidata número 2 pola Coruña, Paula Prado, responde ao test de #NósDiario ♬ sonido original - Nós Diario

Plan para un sábado

O mar e a praia son os seus lugares para desconectar.

Sempre con pendentes

Paula Prado recoñece que hai algo que precisa para saír da casa, para ela é moi importante levar un par de pendentes.

Devoción polas lentellas

Á popular gústalle cociñar, mais non lle encanta. Polo que si ten especial devoción é por un prato concreto, as lentellas.

Comentarios