Eleccións municipais 2015

Carlos Negreira e Alberto Núñez Feijóo
POLÍTICA

O PP prevé impugnar 56 votos na Coruña, onde a Marea gañou por 5 sufraxios

A Xunta electoral procedeu ao reconto duns 6.000 votos esta cuarta feira por mor das incidencias abertas en 15 mesas da cidade. A MA é primeira forza por 5 votos, mais os populares discrepan con 56 sufraxios nulos.

columna_e (1)
POLÍTICA

A paisaxe despois da batalla (I)

Como fica o nacionalismo após o 24M? A pergunta paira sobre o BNG. Os primeiros sinais que emitiu a organización oscilaron entre as mensaxes á freguesía máis próxima (tidas nas redes por autocompracentes) e o saudábel exercicio de autocrítica (a alusión de Vence a que os cambios introducidos na última etapa foron positivos, mais insuficientes). A situación para o Bloque é no mínimo complexa. O horizonte inminente debuxa un desafío enorme, as xerais de novembro/decembro. Comeza a conta atrás.

POLÍTICA

As bases decidirán se Compostela Aberta goberna en minoría ou con pactos

Martiño Noriega asume que na etapa que se abre “teremos erros e acertos” mais ninguén poderá “dubidar do noso compromiso” e da “ilusión”.

feijoo_pequena
POLÍTICA

O 24M o PP perdeu en Galiza o 21% dos concellos onde gobernaba con maioría absoluta

O Partido Popular ficou este domingo sen 40 das alcaldías que ostentaba grazas á maioría absoluta. Un dado que exemplifica a perda de poder do noutrora todopoderoso PPdeG.

Executiva nacional do BNG
EXECUTIVA NACIONAL DO BNG

“Os resultados, sendo dignos, non son satisfactorios para nós”

Nunha primeira valoración de urxencia, a dirección da formación nacionalista sinala que cos resultados do 24M “o BNG consolida posicións e recupera claramente o papel de terceira forza política no noso país”.

POLÍTICA

Marea Atlántica gaña finalmente ao PP por 4 votos

Co 100% escrutado, a candidatura ‘municipalista’ é a primeira forza na Coruña, cun 30,89% dos sufraxios, a mesma porcentaxe que o Partido Popular de Carlos Negreira.

EXTRAPOLACIóN

O PP perdería a maioría no Parlamento

Os populares ficarían con 35 deputados fronte aos 41 actuais, nunha cámara na que pasarían a estar en minoría.

Deputacións 2015
POLÍTICA

O PP podería quedar só coa Deputación de Ourense

Através de pactos, o PSdeG podería encabezar os gobernos provinciais da Coruña, Pontevedra e Lugo. GRÁFICOS NO INTERIOR.

POLÍTICA

Cambio de tendencia, aumenta a participación nas primeiras horas da tarde

[ACTUALIZACIÓN 18:30H] Nas primeiras horas da tarde acudiron ás urnas o 50,94% do eleitorado do país segundo os dados fornecidos polo Ministerio do Interior. Aumenta a respeito do 2011, mais levemente. 

papeletas eleccións
DOS 20.619 CANDIDATAS E CANDIDATOS SAIRáN 3.766 CONCELLEIRAS E CONCELLEIROS

2,2 millóns de galeg@s teñen a palabra

Un total de 2.284.763 galeg@s están chamadas a elixir hoxe entre as 20.619 persoas que fan parte de candidaturas en Galiza os 3.766 concelleiros e 314 alcaldes. Mais co seu voto tamén testarán a saúde do actual sistema de partidos ou o papel que queren para Galiza no escenario electoral.

Lores
MIGUEL ANXO FERNáNDEZ LORES

“En Pontevedra demostramos que a política serve para transformar a realidade”

O candidato do BNG-Asembleas Abertas en Pontevedra pide a confianza cidadá para, “partindo do moito que se fixo”, dar agora “un novo salto adiante” para a cidade.

BNG Vigo, municipais 2015
ÚLTIMAS MENSAXES: ESTABILIDADE (PP), OPCIóN DE PAíS (BNG), SOCIALDEMOCRACIA (PSOE), POLíTICA NOVA (MAREAS)

Crónica de fin de campaña: todo pronto xa para votar

Final. Concluíu ás 24 horas desta sexta feira 22 de maio unha campaña eleitoral que non se afastou nen un milímetro do seu guión de primarias das eleccións xerais de novembro/decembro. As últimas mensaxes, antes da reflexión ritual, foron tamén as previsíbeis: o PP fixo un cántico á estabilidade, o BNG apresentouse como única opción de país con presenza en todos os concellos, o PSOE reivindicou a propiedade do termo socialdemocracia e as Mareas a patente da política nova.

Pedro Sánchez, municipais2015
POLÍTICA

Pedro Sánchez di que o PSOE aprendeu dos seus erros e é o único que pode derrotar o PP

Último día de campaña e empurrón do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, á organización galega do partido. Nun mitin en Vigo, perante unhas 800 persoas, Sánchez dixo que o PSOE ten aprendido dos seus erros e é o único partido que pode derrotar o PP.

POLÍTICA

Ataque de violencia machista verbal á candidata do BNG de Ourense

O líder de Democracia Ourensana a Susana García: "Esta persoa traballou nunha barra americana 5 anos". VÍDEO NO INTERIOR. 

columna_e (1)
POLÍTICA

O bipartidismo duplicado: PP/Ciudadanos e PSOE/Podemos

España tiña un Rei (Juan Carlos I) e agora ten dous (Juan Carlos I e Felipe VI). Analogamente, podemos dicer que España tiña un sistema político bipartidista e agora vai ter un sistema político bipartidista duplicado. Transitoriamente, claro. Ben, na historia todo é transitorio. Menos mal: iso nos dá esperanzas de que, con efeito, algún día podamos producir algunha transformación real, val dicer, revolucionaria.

POLÍTICA

Axenda para o último día de campaña

Mitin BNG Corunha, municipais 2015
XAVIER VENCE, NO MITIN CENTRAL DO BNG NA CORUñA

“Cando Iglesias di que se fechen universidades, seguro que non se refire á Complutense”

Demostración de forza do BNG na Coruña. Mitin central e Paraninfo da Universidade da Coruña, un recinto que se debruza sobre unhas impresionantes vistas da baía, absolutamente ateigado, por volta de 500 persoas a arrouparen a Xosé Manuel Carril como candidato.

PROBLEMAS PARA A POLíTICA DE ALIANZAS DO PP

Ciudadanos sitúa o Partido Socialista como interlocutor preferente para posíbeis pactos

O secretario xeral da formación di que “somos un partido progresista” e  manifesta maior "afinidade"co PSOE, en detrimento do PP, o que dificultaría pactos populares/C`s.

columna_e (1)
POLÍTICA

Un proceso constituínte (galego) desde abaixo

Amigas e amigos, onde están os discursos rupturistas dos que viñan rachar co réxime? Onde os apelos aos procesos constituíntes? As eleccións son úteis para colocarmos a cada quen no seu sitio, algúns xa se colocan antes de pisar moqueta. É rupturista apelar a Xerardo Estévez en Santiago? Éo tanto como apelar a Maragall en BCN.

POLÍTICA

Axenda para o 21 de maio