Axenda para o 21 de maio

Axenda para o 21 de maio


BNG

O portavoz nacional, Xavier Vence, e a número 1 da candidatura de Ourense, Susana García, participan nun encontro inter-xeneracional con emigrantes retornados. Será ás 10.30 horas, na cafetería Alameda.

O mitin central terá lugar na Coruña, no Paraninfo da Universidade, ás 20 horas, coa participación de Vence e o candidato á Alcaldía pola formación nacionalista, Xosé Manuel Carril.

Compromiso por Galicia

Mitin central en Ourense, ás 21 horas, no Teatro Principal, co secretario xeral, Xoán Carlos Bascuas, e o candidato nesta cidade, Xosé Mosquera.

Anova

O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, protagoniza un mitin ás 20.30 horas en Marín, na Biblioteca Municipal.


PSdeG-PSOE

A xornada do secretario xseral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro, comeza en Lugo por volta das 12.30 cun reparto de propaganda eleitoral na compaña do candidato socialista na cidade, López Orozco. Será no Parque dos Conservatorios.

O mitin central ten como cenario a Praza do Castiñeiro, tamén en Lugo, con Besteiro e López Orozco.

PP

A Coruña é a cidade da sesión matinal de Feijóo nesta campaña: terá un encontro, por volta das 13.30 horas, na Praza Monasterio de Cines, co candidato á Alcaldía, Carlos Negreira.

Dous mitins fecharán este serán a axenda do líder do PPdeG: 19.30 horas, en Marín, no Multiusos do Mercado; e 21 horas, en Pontevedra, no CEIP A Carballeira.

Comentarios