PROBLEMAS PARA A POLíTICA DE ALIANZAS DO PP

Ciudadanos sitúa o PSOE como interlocutor preferente para posíbeis pactos

O secretario xeral da formación di que “somos un partido progresista” e  manifesta maior "afinidade"co PSOE, en detrimento do PP, o que dificultaría pactos populares/C`s.

Albert Rivera
photo_camera Albert Rivera

Ciudadanos sitúa o PSOE como o seu interlocutor favorito para negociar pactos de goberno de cara a un escenario, após o 24M, no que o cambio do mapa político coa entrada de novas forzas emerxentes dificultará maiorías absolutas. “Hai que lembralo, nós somos un paryido marcadamente progresista. Temos máis afinidade co PSOE” que co PP, afirmou o secretario xeral da formación, Matías Alonso, nunhas declaracións que os populares ven con preocupación polo que supón de poder ficar en socios para pactar.

Porén, o dirixente de C’s xa dixo que o PSOE terá que estar disposto a facer concesións para poder pactar. As chiscadelas aos socialistas veñen tamén doutros cargos e persoas de referencia en Ciudadanos, como o profesor encargado por Albert Rivera de elaborar o programa de reforma constitucional do partido, e que incide en que o proxecto reformista de C’s casa mellor co PSOE que co PP.

Os populares botan contas e saben que para gobernar en concellos e autonomías vai precisar do apoio de C’s, polo que as declaracións da formación situando como interlocutor preferente ao PSOE non deixa de preocupar. Mais confían en que sexan declaracións feitas na recta final da campaña para rachar a idea de que son a muleta do PP e captar voto de centro progresista.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios