Eleccións municipais 2015

Ana Pastor, Feijóo e Rajoy, municipais2015
Só en papel

Comeza a loita polo poder político

As eleccións locais son o primeiro acto das xerais de novembro/decembro e testarán a fortaleza do bipartidismo, a consistencia das forzas emerxentes e a capacidade que ten Galiza de manter un espazo político propio

Báscuas e López
POLÍTICA

CxG chama polo voto indeciso en Compostela

O secretario xeral de Compromiso, Xoán Báscuas, afirmou que "CA tocou teito" e o PSOE de Francisco Reyes "facilitará que continúe o PP". 

POLÍTICA

O BNG ve no 24M unha oportunidade "para proclamarmos a nosa soberanía"

O Bloque apresentou esta cuarta feira unha sorte de manifesto intitulado "Concello a concello, construíndomos a Galiza do Século XXI, un país noso e libre". A tese é que o 24M non só se realizan eleccións municipais, aliás estariamos perante unha oportunidade "para proclamarmos a nosa soberanía" e para o facer "sen interferencias alleas a nós".

columna_e (1)
POLÍTICA

É críbel que haxa un 30% de persoas indecisas?

É un rito de todas as campañas, que se produce con maior ou menor intensidade de acordo coa importancia do que está en xogo. O mito das persoas indecisas nos inquéritos. Un mito conveniente para as empresas que realizan as sondaxes. Se acertan os resultados o día D, elas gañan. Que non acertan, a culpa é das indecisas e dos indecisos, que facían voláteis os prognósticos. Tendo a non acreditar na existencia dunha masa tan volumosa de persoas que a estas alturas non teñen decidido o seu voto. Outra cousa é que digan realmente o que pensan aos pesquisadores. Outra cousa é o que fan os cociñeiros coas enquisas.

POLÍTICA

Alcaldías sen data de caducidade

Media ducia de rexedores galegos gobernan desde as primeiras eleccións municipais (1979), algúns mesmo desde antes, e concorren nesta cita do 24 de maio.

POLÍTICA

Axenda para o 20 de maio

POLÍTICA

O PCPG pide o voto para o BNG-Asembleas Abertas

columna_e (1)
POLÍTICA

A cuestión vasca mostra o rosto real de Podemos

Unha organización rupturista pode asumir o discurso do sistema contra a esquerda abertzale e descoñecer a aposta radical desta a prol da loita política por vías democráticas e pacifistas? Claramente non. Xa non é só que Pablo Iglesias se fotografe con Felipe VI e que reivindique o legado socialdemócrata do PSOE: é que agora tamén resgata o antediluviano discurso da demanda de condena a ETA para afastarse de EH Bildu e gañar votos en España.

TODO MONTE PíO MOBILIZADO PARA TENTAR RETER O PODER MUNICIPAL DO PARTIDO

O Goberno Feijóo en campaña

Até catro conselleir@s integrados en candidaturas municipais, 2 ex-conselleir@s ao asalto de 2 das principais cidades galegas e outro ex a intentar ‘salvar os mobles’ na capital do país.

POLÍTICA

Axenda para o 19 de maio

Euvotoporcarril
POLÍTICA

Un manifesto cidadán pide o apoio para Carril

Unha iniciativa social presenta a sinatura de 187 persoas entre elas a de Roberto Rivas, bombeiro xulgado por se opor ao despexo de Aurelia Rey.

columna_e (1)
POLÍTICA

O galego entra (colateralmente) na campaña

O retroceso da lingua galega é un epifenómeno da involución que o país sofre en todos os ámbitos. É algo máis: é o termómetro da perda de sustancia do país. Con menos galego somos menos Galiza. Escoito Henrique Monteagudo dicer na Ser que nesta campaña PP e PSOE utilizan menos o galego do que nunca. Ten razón. E acerta o BNG ao interpelar Feijóo, ao confrontalo coas súas obrigas, que desatende, de protección do noso idioma.

Vence 17 M, Día das Letras Galegas 2015
POLÍTICA

Vence sinala que as enquisas debuxan “un escenario aberto”

O portavoz nacional do BNG confía en “superar con creces” os resultados das sondases publicadas. 

POLÍTICA

Axenda para o 18 de maio

Vence, mitin Allariz
POLÍTICA

Vence acusa Feijóo de avalar o presunto carreto de votos en Riotorto

O portavoz nacional do BNG sinalou que “esta é a maneira que ten de entender a democracia”, en relación a visita do presidente ao municipio lucense, logo da denuncia da formación nacionalista.

POLÍTICA

Axenda para o 17 de maio

POLÍTICA

“Temos probas de que o PP de Riotorto carretou votos de persoas con demencia”

O alcalde do BNG e candidato á reelección, Federico Gutiérrez, denuncia prácticas irregulares dos populares. Feijóo asistiu un mitin este sábado no municipio lucense.

POLÍTICA

Vence: “O modelo de Pontevedra é 100% BNG, a guía do que queremos facer nos concellos”

O portavoz nacional do BNG-Asambleas Abertas pechou o mitin co candidato á reelección Miguel Anxo Fernández Lores reivindicando os logros dos nacionalistas. 

POLÍTICA

Axenda para o 16 de maio

POLÍTICA

O BNG quer uns concellos que sexan verdadeiros motores da normalización do galego

O Bloque presentou un decálogo de idiomas a prol do idioma. O seu portavoz, Xavier Vence, ritica o “desprezo” ao idioma tanto de Feijóo como de Rajoy, comparable á actitude “que exercía Franco”.