Marea Atlántica gaña finalmente ao PP por 4 votos

Co 100% escrutado, a candidatura ‘municipalista’ é a primeira forza na Coruña, cun 30,89% dos sufraxios, a mesma porcentaxe que o Partido Popular de Carlos Negreira.

marea atlantica

Marea Atlántica primeira forza na Coruña. Un primeiro posto gañado ao PP pola estreita marxe de catro votos. Co 100% escrutado, 36.842 sufraxios para o partido liderado por Xulio Ferreiro fronte a 36.838 para o de Carlos Negreira. Catro votos que dan a Marea Atlántica a posibilidade de formar goberno e que Ferreiro saia alcalde sen ter que pactar con outros. O resto da Corporación fica composta, lembremos, por 6 concelleiros do PSOE e 1 do BNG.

A xornada do 24M despedíase en Galiza co 100% do voto escrutado en case todos os concellos. Mais había excepcións, como A Coruña, onde ficara o reconto nun 94% pola impugnación en varias mesas da cidade. A Xunta electoral de zona decidiu esta segunda feira -tiña de prazo até o 30 de maio- e o reconto definitivo deixa un empate en porcentaxes entre Marea Atlántica e PP (30,89%), mais cunha vantaxe de MA en votos: 4 sufraxios.

Comentarios