O BNG obtén 13 maiorías absolutas e 4 relativas

Os nacionalistas poderían obter máis gobernos se chegan a acordos en lugares como Barro ou Moaña.

Co 99% dos votos escrutados, o BNG obtivo un total de 468 concelleir@s e 17 alcaldes, segundo os dados oficiais do Ministerio do Interior, nos comicios municipais deste domingo. Desas 17 alcaldías, 13 obtéñense con maioría absoluta de edís do Bloque na Corporación e 4 con maioría relativa.

Pontevedra é a principal praza de goberno dos nacionalistas, a cidade onde o BNG encetará o seu quinto mandato con 12 concelleiros, un máis dos que tiña no mandato anterior. En Carballo o BNG conquistou este 24M a maioría absoluta (11 edís).

Maioría absoluta de edís tamén obtivo o Bloque en Ribadeo, Tomiño, Bueu, A Pobra do Brollón, Moeche, Castrelo do Miño, Carnota, Zas, Vimianzo, Allariz, Mazaricos e San Sadurniño. Rianxo, Poio e Mondoñedo son as outras vilas onde a alcaldía será nacionalista.

Máis de 189.000 votos logrou a candidatura BNG-Asembleas Abertas nesta cita coas urnas, o 12,9%.

 

Comentarios