ÚLTIMAS MENSAXES: ESTABILIDADE (PP), OPCIóN DE PAíS (BNG), SOCIALDEMOCRACIA (PSOE), POLíTICA NOVA (MAREAS)
HENRIQUE VARELA
23/maio/15 0:25
Final. Concluíu ás 24 horas desta sexta feira 22 de maio unha campaña eleitoral que non se afastou nen un milímetro do seu guión de primarias das eleccións xerais de novembro/decembro. As últimas mensaxes, antes da reflexión ritual, foron tamén as previsíbeis: o PP fixo un cántico á estabilidade, o BNG apresentouse como única opción de país con presenza en todos os concellos, o PSOE reivindicou a propiedade do termo socialdemocracia e as Mareas a patente da política nova.