A AELG rende homenaxe a Rosalía con música e un recital de poemas
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) realizou o seu acto central, un día despois de que se cumprisen 187 anos do nacemento da poeta, en Compostela.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) realizou o seu acto central, un día despois de que se cumprisen 187 anos do nacemento da poeta, en Compostela.
A vindeira sexta feira, 23 de febreiro, o Concello de Pontevedra ten preparada unha programación oficial co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, en colaboración coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega. O acto principal do Día de Rosalía sucederá ás 20 horas no centro social do Gorgullón, espazo que acollerá a lectura de textos de Cantares gallegos e Follas novas. Trátase dun acto aberto a toda a cidadanía, no que pode participar de xeito directo. Será conducido por Miriam Ferradáns, que tamén lerá o manifesto de AELG nesta data tan sinalada. Doutra banda, o colectivo artístico O Fruto e a serpe encargarase da ambientación do acto. Desde a área de Normalización Lingüística, sinalan que a homenaxe pontevedresa céntrase nos textos rosalianos escritos en galego, para destacar "o papel da autora na reivindicación do uso da lingua galega nunha época en que publicar en galego -e ademais sendo unha muller- era un acto revolucionario". Ademais, "a súa escrita pioneira abriu o camiño á literatura galega moderna".
O concerto de Loita Amada, o pasarrúas rosaliano dos Quinquilláns, o proxecto Indóciles ao redor da obra de Luísa Villalta ou o recital organizado pola editora Chan da Pólvora son algúns dos pratos fortes da edición deste 2024.