A AELG rende homenaxe a Rosalía con música e un recital de poemas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) realizou o seu acto central, un día despois de que se cumprisen 187 anos do nacemento da poeta, en Compostela.

Un momento do acto da AELG en Compostela (Foto: IC).
photo_camera Un momento do acto da AELG en Compostela (Foto: IC).

O Panteón de galegas e galegos Ilustres, situado na igrexa de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago, acolleu este sábado, un día despois de que se cumprisen 187 anos do nacemento de Rosalía, o acto central da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en honor da poeta.

O presidente de AELG, Cesáreo Sánchez, abriu a xornada cun discurso no que reivindicou a figura da escritora e fixo referencia á guerra que atravesa Palestina, en concreto Gaza, e leu un poema relacionado co pobo palestino.

Tras el, o profesor Carlos Callón leu o manifesto da AELG, baixo o título 'Rosalía o amor da patria galega', co que remarcou a "perseveranza" da autora en usar o termo patria en referencia á Galiza.

No seu discurso remarcou que o de cambiar a historia "non é algo que pasa todo os días" e, ela, era consciente de que os seus "libros abrían camiños".

"As palabras que ela dixo abriron moitos ollos", incidiu o tamén presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística, polo que a súa voz deulle "dignidade e sentido" ao pobo galego.

Poemas e ofrenda

A continuación, deron lectura a varios poemas da autora, algún deles de Follas Novas e de Cantares gallegos e, entre os participantes desa ofrenda, estiveron o escritor Suso de Toro, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e a alcaldesa de Muros, María Lago Lestón.

Así mesmo, un dos participantes fixo o propio pero elixiu un poema que un activista palestino publicou nas súas redes sociais antes de morrer nun bombardeo do exército israelí.

Finalmente, realizaron unha ofrenda floral en memoria da autora e cantouse o himno galego. 

Entre as autoridades presentes ha estado o dirixente do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como varios membros da corporación local.

Comentarios