star
Reportaxes
Castelao editado e reeditado en China
17/mar./23
En vida de Castelao, os seus álbums de guerra foron máis veces editados en China que en ningún outro estado do mundo. Tras este recoñecemento está un dos máis importantes escritores da China contemporánea, o revolucionario Ba Jin, que non cesou de promover tal reedición ao longo de practicamente todo o século XX. A chegada á nosa terra da primeira edición de Atila en Galicia en China motiva esta necesaria retrospectiva en clave chinesa sobre a universalidade de Castelao como artista antifascista.