carne

Dúas vacas nunha leira no concello de Baleira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

"Golpe mortal" ás granxas de vacún familiares

"A industria, os 'cebadoiros', UUAA e Gandeiros Galegos da Suprema asinan o fin da marca Ternera Gallega Suprema", denuncian desde o SLG.
O coordinador de Carne de Vacún a Pasto, Xan Pouliquen (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Xan Pouliquen: "A Xunta prioriza as axudas ás gandarías intensivas"

O Grupo Operativo Carne de Vacún a Pasto leva máis dun ano investigando a influencia do aproveitamento dos recursos propios nas explotacións gandeiras e a posibilidade de desenvolver prácticas sostíbeis aumentando os beneficios das granxas. 'Nós Diario' conversa co coordinador do grupo, Xan Pouliquen.
Varias vacas pastan na Sierra do Xistral o 23 de febreiro de 2023, en Abadín, na Terra Chá (Foto: Carlos Castro - Europa Press).
ECONOMÍA

As explotacións gandeiras denuncian "abandono" na vacinación contra a lingua azul

As perdas polo veto á saída das granxas de animais que aínda non se conseguiron vacinar e os atrasos en que se realice preocupa ao sector. Mentres, a Xunta da Galiza nega "bloqueo".

Os representantes da Fruga, Elías Somoza e Manuel Dacal (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A Fruga pide a execución das axudas para explotacións de tenreira galega

O sindicato alerta dos baixos prezos da carne pagados ás explotacións produtoras.
Traballador nunha carnicería (Foto: Lightfield Studios).
star
ECONOMÍA

O Goberno estatal fecha a porta a incluír carne e peixe na prórroga da rebaixa do IVE

O 30 de xuño caducan as medidas 'anticrise' aprobadas polo Goberno español. A ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, adiantou que prorrogará a rebaixa do IVE a determinados alimentos básicos, mais descartou ampliala para que se inclúan a carne e o peixe.
Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca  de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Véndense como galegos produtos do sector primario que proceden de fóra

Leite portugués e francés véndese como galego, becerros que pasan por galegos cando só foron sacrificados en matadoiro da Galiza, patacas de Exipto, mel de procedencia descoñecida. 'Nós Diario' conversa coas organizacións agrarias sobre a problemática existente coa produción foránea que se fai pasar por galega. Os sindicatos coinciden na necesidade de estabelecer métodos de control e de mellorar a etiquetaxe para que as persoas usuarias non sexan enganadas.
Asistentes á xornada decorrida onte en Ribadavia (O Ribeiro). (Foto: Foro Económico da Galiza)
ECONOMÍA

O sector cárnico representa 34% da produción agraria

Facturou máis de 2.400 millóns de euros no ano 2022.
Imaxe da bacteria 'E. coli' (Foto: USDA).
SOCIAL

Un estudo da USC vincula o consumo de produtos cárnicos con infeccións urinarias en humanos

Científicas e científicos da Facultade de Veterinaria desenvolveron unha investigación con cepas da bacteria Escherichia coli.

Tractorada en Lugo, esta quinta feira. (Foto: TVG)
Agora

Unha tractorada de produtores de carne volve colapsar o centro de Lugo para reclamar "prezos xustos"

Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo esta quinta feira cunha tractorada formada por uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar "prezos xustos" e denunciar os "recortes" na nova Política Agraria Común (PAC). O seu presidente, Santiago Rego, denuncia que cobran polo quilo de carne 'Suprema' arredor de 5,70 euros, o que supón un euro menos do que lles custa producir e con prezos "de hai 30 anos", polo que esa cifra debería subir até uns 7 euros para non vender a perdas, o que sería "un prezo razoábel, sen contar loxicamente co beneficio que se pode ter como calquera traballador polo seu traballo".

Máis de dous milleiros de persoas protestaron onte en Lugo polos prezos baixos e os altos custos na produción de Tenreira Suprema (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Unha tractorada denuncia en Lugo perdas de até 25% nas vendas de Tenreira Suprema

Representantes do sector produtor de Tenreira Suprema percorreron esta terza feira as rúas de Lugo nunha manifestación á que asistiron máis de dous milleiros de persoas e máis de 400 tractores. Denuncian perdas de 25% por cada quilo de carne. Os profesionais aseguran que tan só perciben 5,60 euros por quilo de carne ao tempo que afrontan un custo de produción de sete euros.
Reunión do Observatorio da Cadea Alimentaria, onte na sede do Ministerio español de Agricultura, Pesca e Alimentación, en Madrid (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
star
ECONOMÍA

O Goberno estatal descarta baixar o IVE do peixe e da carne a pesar da petición do sector

O Executivo español e os diferentes eslavóns da cadea alimentaria reuníronse esta segunda feira para abordar a problemática dos altos prezos dos alimentos. O Goberno estatal descartou aumentar a bonificación do IVE a alimentos como a carne e o peixe, tal e como pedía o sector primario.
O INE publicou esta sexta feira os datos avanzados do IPC. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A Cámara propón ao Goberno estatal a rebaixa do IVE para carnes e peixes

Pide que estes produtos sexan considerados "de primeira necesidade".
Imaxe de arquivo dun matadoiro. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Os grandes matadoiros deberán instalar sistemas de videovixilancia a partir de agosto de 2023

Os pequenos estabelecementos deste sector teñen de prazo até 2024.
Explotación gandeira de carne en extensivo localizada en Laza (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Denuncian falta de control e contratos abusivos da industria ás granxas de carne

A Xunta da Galiza constata nun informe  a venda a perdas no sector da carne na Galiza. Fruga e Sindicato Labrego denuncian que non contan con información da Administración galega e UUAA valora iniciar mobilizacións.
Explotación galega de gando vacún (UUAA).
ECONOMÍA

A Tenreira Galega vende a perdas: gandeiros perden un euro por cada quilo de carne

O gasto en alimentación, disparado pola alza dos prezos e aguzado após a guerra en Ucraína, supón xa máis da metade do gasto total das explotacións gandeiras.
Vacas nunha explotación gandeira galega (SLG).
ECONOMÍA

Os sindicatos agrarios piden equiparar as axudas ao vacún de carne ás do leite

Reclaman á Xunta compensar a discriminación ás pequenas explotacións nas axudas pola Covid.