Véndense como galegos produtos do sector primario que proceden de fóra

Leite portugués e francés véndese como galego, becerros que pasan por galegos cando só foron sacrificados en matadoiro da Galiza, patacas de Exipto, mel de procedencia descoñecida. 'Nós Diario' conversa coas organizacións agrarias sobre a problemática existente coa produción foránea que se fai pasar por galega. Os sindicatos coinciden na necesidade de estabelecer métodos de control e de mellorar a etiquetaxe para que as persoas usuarias non sexan enganadas.
Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca  de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
A Federación Rural Galega (Fruga), o Sindicato Labrego Galego (SLG) e Unións Agrarias (UUAA) coinciden na necesidade de defender a produción galega fronte a aquelas mercadorías que, dentro ou fóra…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios