Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A vicepresidenta Nadia Calviño ve "absurdo e contraproducente" abrir un debate no marco da crise económica sobre derrogar a reforma laboral. As declaracións desta ministra do PSOE botán máis tensión no Goberno español logo de PSOE e Unidas Podemos asinaren con Bildu un compromiso para derrogar a reforma laboral do PP de 2012.
Carme Iglesias Sueiro dixo na Radio Galega que David Fernández Calviño “dicía nos mítines que ía marchar” para Dinamarca cando lle aprobasen a bolsa, e que iso era coñecido ''por todos''. Iglesias denuncia ser vítima de 'insultos, desprezo e acoso'' por se reafirmar en que vai ocupar o escano vacante.
O portavoz de Anova e co-portavoz de AGE fixo oficial a renuncia de David Calviño como parlamentar, recoñeceu que “non podo dar resposta do que vai acontecer” co escano e denunciou “unha ofensiva mediática contra AGE” aproveitando o problema aberto coa renuncia de Calviño. Aliás, admitiu que o acontecido "afectou a vida interna" da organización.
Acompañado de Xosé Manuel Beiras anunciará a demisión de David Fernández Calviño.
A vice-voceira de AGE tildou de "imponderábel" a situación criada arredor do escano de David Fernández Calviño. Díaz di que o conflito "se vai solucionar", aínda que non lle pon prazos ao desenlace. Yolanda Díaz admite que neste asunto houbo cousas "que non fixemos ben".
O edil incorporouse á equipa municipal após a demisión de David Fernández Calviño o pasado mes de setembro. Desde o BNG exixen que entregue o seu escano á organización coa que concorreu ás eleccións municipais após defenderen desde Anova que as actas corresponden "ás forzas políticas e non @s deputad@s".
Sostén o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, que Dinamarca "está en Europa". E é verdade. Porén, o que non é verdade é que o novo lugar de traballo de David Fernández Calviño fique "a un par de horas de distancia de calquera punto". En chegar até a capital galega tardaría, polo menos, 5h.
O líder de Anova e portavoz de AGE no Parlamenento confirmou que Fernández Calviño mantén a acta de deputado. Beiras defendeu que o seu labor como investigador é compatíbel co de parlamentar porque está "dentro da UE" e "calquera punto está a un par de horas" de Galiza.
O deputado de AGE ten previsto encetar o seu traballo na investigación na sexta feira 1 de novembro. Tampouco deixa a acta de concelleiro en Toén, obtida polo BNG.
O deputado de AGE afirma que o grupo parlamentar lle pediu que mantivese a súa acta até non resolver a disputa con Iglesias Sueiro. A militante de Esquerda Unida di que está disposta a entrar no Parlamento "como non adscrita".
A segunda por Ourense na lista electoral, Carmen Iglesias Sueiro, di que non renunciará á súa entrada no Parlamento porque non foi informada de ningún pacto previo. Segundo recolle El País, Sueiro di que non cometerá "unha fraude electoral".
O parlamentar pola circunscrición de Ourense, de Anova, aceptou un contrato de investigación en Dinamarca que, di, supón "unha grande oportunidade" profesional para el. Iolanda Pérez Docampo será quen tome posesión do escano segundo informou Anova.