Unha multinacional pediu á súa contrata galega unha lista cos traballadoras afiliados á CIG

non á represión sindical

A empresa Transportes Calviño Bascoy SL, con sede en Sigüeiro (Ordes), foi sancionada pola Inspección de Traballo por vulnerar os dereitos sindicais do delegado da CIG, Antonio Cebei, e do conxunto do persoal, segundo informa a central nacionalista nun comunicado. Inspección considera que “a conduta despregada pola empresa en relación con Antonio Cebei Giadás, foi pluriofensiva, pois as represalias polo exercicio da actividade sindical e representantiva afectaron as súas condicións de traballo mais tamén á súa función representantiva e, polo tanto, tamén os dereitos dos demais traballadores da empresa, nomeadamente aos 22 traballadores representados por el mesmo”.

A empresa dedícase á recollida e entrega de paletes e desenvolve esta actividade en exclusiva para Chep España en Galiza. De feito, e sempre segundo a CIG, "a propia empresa recoñeceu que esta multinacional lle solicitou, no ano 2015, un listado con todos os traballadores que estiveran afiliados á CIG".

A Inspección impón unha sanción “moi grave”, que podería ir dos 25.001 aos 100.005, por vulnerar o “dereito ao libre exercicio da acción sindical e a nos ser discriminados por razón da súa afiliación a un sindicato, ao respecto do súa dignidade e dereito a non sufrir represalias polo exercicio dos seus dereitos e facultades”. A maiores, a empresa é sancionada con falta grave, por incumprimentos en materia de xornada e descanso


O conflito iniciouse, explica o sindicao, en xullo de 2015, cando Antonio Cebei é escollido como representante da CIG. Nese momento o problema fundamental era o recoñecemento da xornada real e a rebaixa, polo tanto, das horas que se traballan ser seren abonadas e o pago das dietas correspondentes. "A partir de aí comeza unha persecución da empresa que rematou con varios despedimentos, entre eles o do propio delegado, represalias e sancións arbitrarias".

Neste momento no xulgado está pendente de celebración o xuízo polo despedimento de Antonio Cebei no que se reclama a nulidade e reincorporación inmediata. Segundo explica o representante da FGAMT-CIG de Compostela, Inácio Pavón, a central sindical estuda acudir á fiscalía como prexudicada directa polas accións represivas da empresa, vulnerando o dereito da CIG a obter representación e exercer a representatividade nesta empresa.


 

Comentarios