star
Especial Soberanía Alimentar
Cereais, o elemento esencial: a perda da superficie cultivada
25/xul./23
Os cereais son elementos esenciais para o ser humano. Como fonte rica en carbohidratos complexos, fibra, vitaminas e minerais, deben formar parte de calquera dieta equilibrada. Durante a maior parte da súa Historia, Galiza produciu cereal diverso e abundante pero o devalo das últimas décadas supuxo unha perda do 60% da superficie dedicada. Como consecuencia, Galiza padece unha elevadísima dependencia da importación de cereais que é preciso reverter mediante a ordenación dos usos do solo e unha nova política adaptada ás necesidades reais do agro galego.