O Resurrection Fest anuncia o seu cartel por días
As entradas diarias estarán á venda a partir da vindeira terza feira
As entradas diarias estarán á venda a partir da vindeira terza feira
A parada nas obras de construción do forno de ánodos comprometido para o mes de novembro na planta de Alcoa en San Cibrao, Cervo (A Mariña), deixará, segundo o comité de empresa, "sen carga de traballo" "máis de 500 traballadores" das empresas auxiliares. Así o dixo esta sexta feira o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, que asegurou que o "bloqueo" do investimento representa un "incumprimento claro do acordo" de viabilidade asinado entre a firma e o persoal da factoría. "O forno está paralizado desde hai catro meses. O 7 de novembro tiñan que estar aprobados os fondos para comezar. O único que dixeron é que empezarían nos primeiros meses deste ano, mais está claro que non o van facer porque Bill Oplinger [CEO de Alcoa] xa dixo claramente que non ía investir nas fábricas que tiñan perdas", explicou. Porén, a empresa afirmou que non ten cometido "ningún incumprimento" do acordo e que se atopa centrada "no rearranque das 32 cubas" de electrólise. Neste contexto, o comité exixe convocar a mesa de seguimento para que Alcoa "clarifique dunha vez por todas que vai facer".
Avanza que unha das súas prioridades de Goberno será negociar co Estado unha intervención pública en Alcoa para garantir a actividade e o emprego.
Exixen á Directora do Distrito Sanitario que “dea unha solución ou dimita”
A multinacional reuniuse con representantes do persoal para pedir o seu apoio ao incumprimento do acordo de viabilidade da factoría de Cervo.