O Resurrection Fest anuncia o seu cartel por días

As entradas diarias estarán á venda a partir da vindeira terza feira

Imaxen de arquivo do Resurrection Fest.
photo_camera Imaxen de arquivo do Resurrection Fest.

O Resurrection Fest publicou esta sexta feira o cartel por días da edición de 2024 e avanzou que as entradas diarias sairán á venda a vindeira terza feira na súa páxina web.

O primeiro día do festival, a cuarta feira 26 de xuño, subirán ao escenario de Viveiro (A Mariña) artistas como Alice Cooper, Bad Omens, Machine Head, Sum 41 ou Biohazard.

Na quinta feira será a quenda de Bring Me The Horizon, Bruce Dickinson, Counterparts, Ihsahn e Bob Vylan, entre outras bandas. Mentres, na sexta actuarán, The Offspring, Corey Taylor, Sôber, Aceept, Drug Church ou Lendakaris Muertos.

O último día, o sábado, Avenged Sevenfold serán uns dos protagonistas do Resurrection Fest, xunto a Megadeth, Electric Callboy, Baby Metall ou Fear Factory.

A organización do festival sinalou que se trata dunha programación "inigualábel" con "grandes lendas da historia do rock", algunha das bandas "máis desexadas ao longo da historia" polo público deste evento e bandas que "marcan o presente e marcarán o futuro do rock, do metal, do punk e do hardcore".

Comentarios