A Mariña

Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao, no municipio de Cervo, na comarca da Mariña (Foto: Joe McUbed).
star
TRABALLO

Preocupación na Mariña: a incerteza sobre Alcoa seguirá até o mes de xaneiro

O Ministerio español de Industria convocou unha reunión con Alcoa, o comité de empresa e a Xunta da Galiza tras a decisión da multinacional estadounidense de aprazar a construción do forno de cocción de ánodos, o principal investimento comprometido pola firma co persoal. As partes emprazáronse a outra reunión en xaneiro, despois de que Alcoa lanzase mensaxes contraditorios sobre a súa intención de cumprir co plan de viabilidade.
Carteis sindicais diante da factoría de Alcoa, no municipio de Cervo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
TRABALLO

Alcoa traslada ao comité de empresa que quere modificar o plan asinado para 2024

O comité de Alcoa exixe o cumprimento "íntegro" do acordo e que a compañía "se aclare e deixe de torturar" o persoal.
Instalacións de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, na Mariña. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
TRABALLO

Incerteza no persoal de Alcoa ante a reunión sobre o forno de cocción

A compañía anunciou o adiamento do investimento.
Dorado e Rueda ry
star
Industria

Fonda preocupación polo futuro de Alcoa en San Cibrao: a multinacional ve "insostíbeis" as condicións para continuar

A Xunta da Galiza e Alcoa reuníronse esta segunda feira para analizar a situación da factoría de aluminio de San Cibrao (Cervo, A Mariña). A xuntanza decorreu tan só catro días antes dun encontro da comisión de seguimento do acordo de viabilidade da fábrica. A preocupación polo futuro do complexo é máxima.

A falla de profesionais provoca as listas de agarda en Atención Primaria (Foto: Europa Press).
Sanidade pública

Sen cita até 2024: denuncian o 'bloqueo' de axendas de médicos en Viveiro

"A situación de caos do ambulatorio provocará que moitas persoas queden sen médico de familia e teñan que visitar a algún dos outros profesionais do centro", alertan desde a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.
Concentración fronte ao centro de saúde de Viveiro en defensa da Atención Primaria. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Viveiro, falto de persoal médico e de pediatría, sae á rúa para frear "a destrución da Atención Primaria"

Unhas 3.000 persoas, segundo datos da organización, concentráronse este domingo fronte ao Centro de Saúde de Viveiro baixo o lema 'Paremos a destrución da Atención Primaria' ante a ausencia de "70% dos médicos" no consultorio local.
Persoal sanitario do Sergas durante a súa xornada no Hospital da Mariña. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Os sindicatos denuncian a situación "caótica" da sanidade pública na Mariña

No centro de saúde de Viveiro faltan cinco dos sete facultativos na quenda de mañá
Besteiro Viveiro
POLÍTICA

Besteiro fai na Mariña as súas primeiras promesas para "cando chegue ao Goberno galego"

Compromete para a comarca a Vía de Alta Capacidade Costa Norte
O turismo após a colisión co camión estacionado. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Unha muller falecida e dous feridos na colisión dun turismo contra un camión estacionado en Viveiro

O condutor do turismo e o ocupante do asento traseiro esquerdo resultaron feridos de gravidade.
Parque de eólica mariña promovido por Acciona. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Unha empresa andaluza proxecta tres parques eólicos fronte á costa da Mariña

A compañía contempla instalar un total de 101 muíños en 312 km2.
O incendio de Trabada o pasado mes de outubro (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Os incendios forestais arrasaron máis de 2.100 hectáreas de monte na Mariña

Só a choiva puido cos fogos na Mariña. Mentres a Consellaría de Medio Rural dá por extinguidos os lumes en Foz, considera controlados os de Trabada e Ribadeo.

ezgif.com-optimize (10)
VÍDEO NO INTERIOR

O incendio de Trabada arrasa 1.200 hectáreas de terreo

Foz, Vilariño de Conso, Trabada, Lobeira e Chantada son os municipios afectados.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Unha moza queda atrapada nunha bufarda en Viveiro ao tentar rescatar o seu gato

Unha moza quedou atrapada na bufarda da súa vivenda, situada na localidade mariñá de Viveiro, cando tentaba rescatar o seu gato, polo que foron os bombeiros os que finalmente tiveron que axudalos a ambos. Segundo informa o 112-Galiza, os feitos ocorreron minutos despois das 21 horas desta pasada quinta feira, cando a muller, facendo uso dunha manta, baixou polo oco da bufarda, xa que o seu gato estaba alí e non podía saír. Con todo, cando quixo volver subir, non foi capaz, polo que a súa nai pediu axuda aos bombeiros. Unha vez na vivenda, situada na avenida de Lourdes de Viveiro, os efectivos rescataron tanto a muller como o felino, que se precipitara dous ou tres metros máis abaixo da cuberta onde estaba a súa dona.
gardacostas xunta Sikorsky s76c+
SOCIAL

Denuncian que a comarca da Mariña leva 10 días sen helicóptero de rescate

Unha avaría no Sikorsky s76c+ da base de Celeiro (Viveiro) deixou esa unidade inoperativa, "e non foi substituída", denuncian desde o persoal.
Bernardo Penabade (Foto: Orgullo Galego).
LINGUA

Bernardo Penabade, profesor e coordinador do proxecto Modelo Burela: "A Lei Valentín Paz-Andrade ficou en papel mollado"

O profesor Bernardo Penabade Rei (Mañón, A Mariña, 1964) recibe este sábado, 9 de setembro, na Arca da Noe, en Vilar de Santos (A Limia), o Prémio Meendinho, un galardón que anualmente concede a fundación homónima para destacar o traballo de persoas e entidades que destacan na dinamización cultural e lingüística do galego, tendo en conta tamén súa dimensión internacional
Os profesionais de Medina Interna asumen a maioría dos ingresos dos hospitais galegos (Foto: Nós Diario).
star
Sanidade pública

22,6% dos especialistas en Medicina Interna contan con máis de 60 anos

A falla de profesionais de Medina Interna déixase notar nos hospitais galegos. Así, centros como o da Mariña, en Burela, ou o do Barbanza, en Ribeira, só teñen cubertas a metade das prazas desta especialidade. A elevada idade do colectivo avanza un empeoramento da situación.
a mariñalucenseturismo
Máis

As antas do Valadouro

Patrimonio e natureza agochadas
San Salvador de Lourenzá Dixital
Máis

San Salvador de Lourenzá

O templo é unha xoia da arquitectura barroca
A baixada do nivel do río Ouro podería estar detrás da acumulación de halometanos na traída. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A auga de Foz volve a non ser apta para o consumo

A baixada do nivel do río Ouro e o aumento da poboación durante o verán estarían detrás da acumulación de halometanos na traída

Encoro de Belesar, entre os concellos de Chantada e O Saviñao (comarcas da Ribeira Sacra e Terra de Lemos). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A reserva hídrica da Galiza mantense a 65% da súa capacidade

Na vertente Atlántica as precipitacións foron moi escasas durante as últimas semanas