A Mariña

mosaico
DEPORTES

Viveiro vivirá esta fin de semana a final do Campionato de andadura galega

O Campionato de andadura galega chega o sábado ao seu fin. As probas das modalidades chapeada e serrada terán lugar no campo de fútbol de Celeiros, en Viveiro (A Mariña) e desde a Federación Hípica Galega amosan a súa satisfacción polo feito de que en seis anos se duplicaran os cabalos participantes.
Concello do Valadouro. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A alcaldesa do Valadouro renuncia e apoiará o candidato do PP como novo rexedor

María José Fernández Díaz, dimitirá nun pleno esta sexta feira e no prazo de 10 días cederalle a Alcaldía a José Manuel Lamela, do Partido Popular.
Pistola atopada en Casaio. (Foto: Metrópolis)
MEMORIA E HISTORIA

A Pomba do Arco lembra a guerrilla antifranquista na Mariña

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acollerá a proxección do documental A Cidade da Selva.

WhatsApp Image 2024-08-25 at 12.33.19
SOCIAL

A veciñanza do Vicedo reclama "médicos xa" fronte ao desmantelamento da atención sanitaria máis próxima

As protestas pola falta de persoal médico no centro de saúde mantéñense desde primeiros de ano.
Descarga de bonito no porto de Burela (A Mariña) durante a costeria de 2023. (Foto Carlos Castro Europa Press).
ECONOMÍA

Menos capturas, máis facturación e prezo á alza: a costeira do bonito continúa no Cantábrico

As capturas do total de frota caen un 27% en relación a 2023 superado o ecuador dunha campaña na que non se espera consumir toda a cota
O Deputado do BNG Daniel Castro (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG esixe medidas urxentes que melloren a seguridade viaria na A-8 e o acceso á Mariña

Os nacionalistas piden "solucións eficaces" para rematar coa incomunicación da Mariña.

Os illotes Farallóns, presidindo o litoral da parroquia de San Cibrao. (Foto: Cervo Turismo)
MÁIS

Os tres Farallóns de Cervo

Os cabaleiros que protexen o litoral da Mariña
Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade, no Parlamento. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

A sanidade padece unha "situación crítica" na Mariña

Denuncian "déficits que se agravan no verán".
Balsa de lodos de Alcoa en San Cibrao, Cervo, na Mariña (Foto: Adega).
SOCIAL

Ecoloxistas piden denegar a Alcoa o emisario submarino

A entidade ecoloxista denuncia que se solicitase a autorización sen achegar unha avaliación de impacto ambiental da vertedura destes residuos ao mar Cantábrico.
Balsa de lodos de Alcoa en San Cibrao, Cervo, na Mariña (Foto: Adega).
TRABALLO

O comité de Alcoa denuncia "abandono" da Xunta en relación coa ampliación da balsa de lodos

Recrimina que o presidente da Xunta está "moi involucrado en futuros proxectos" mentres deixa "de lado" á Mariña e os seus traballadores.

O antropólogo Rafael Quintía (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A medicina popular protagoniza as Xornadas de Historia de Foz

As Xornadas de Historia de Foz (A Mariña) organizadas pola asociación cultural A Pomba do Arco xornadas arrancan esta segunda feira 29 de xullo ás 20.30 horas na casa da cultura Poeta Manuel María cunha palestra a cargo do antropólogo Rafael Quintía titulada a Medicina popular na Mariña.
Helicóptero de salvamento marítimo (Foto: Salvamento marítimo).
SOCIAL

Falece unha persoa mentres practicaba submarinismo en Viveiro

Segundo informou o 112, foi sobre o mediodía deste sábado cando un particular alertaba de que estaban a mergullar e acababan de subir a un dos mergulladores inconsciente, ao cal trasladaron nunha embarcación ao porto de Celeiro.
Un policía inspecciona o estado da escultura tras o acto vandálico (Foto: Concello de Burela).
SOCIAL

Queiman unha escultura tallada sobre un castiñeiro en Burela: "Isto é un delito de odio"

O Goberno local convoca unha concentración de repulsa e avanza que o monumento será rehabilitado mentres a Policía investiga o sucedido.
Torcuato Teixeira (á dereita, en primeiro termo) e asistentes onte á reunión en Burela, A Mariña (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

A Plataforma da Pesca seguirá "a guerra" contra a eólica mariña

A Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños  anunciou onte en Burela (A Mariña) que recorrerá ante o Tribunal Constitucional (TC) a resolución do Supremo que avala os Plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) do Goberno español para a implantación de enerxía eólica mariña. Consideran que a sentenza é "un atentado en toda regra contra o sector pesqueiro galego".
Pardo de Cela.
CULTURA

A Pomba do Arco trae de volta á Mariña a Pardo de Cela

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre o 29 de xullo e o 1 de agosto a XXVII edición das xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco. A figura de Pedro Pardo de Cela volve a ser un dos temas tratados no encontro deste ano.

taekwondo (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Detido un profesor de taekwondo da Mariña por proferir insultos machistas, xenófobos e homófobos nas súas clases

A investigación centrouse nos feitos denunciados polas e polos estudantes, que se remontan até o ano 2022.
Bico Praia, en Foz (A Mariña), cos seus característicos parasois. (Foto: Bico Praia)
SOCIAL

Foz en amor e compañía

O retorno de Bico Praia e da diversión á Mariña.
Manifestación polo caso da Maruxaina. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Recadan fondos para pagar un informe pericial que evite o feche da causa do caso Maruxaina

O obxectivo é lograr os 9.000 euros que necesitan para que unha empresa especializada elabore un informe pericial "máis preciso" que conte co rastrexo dixital das persoas que divulgaron os vídeos
santo estevo de ermo barreio
SOCIAL

Reunidos os 6.000 euros para adquirir o predio Santo Estevo do Ermo e preservar na Mariña un espazo privilexiado

Eira da Xoana, Mariña Patrimonio e Irmandade Santo Estevo agradecen o apoio e compromiso cidadán para lograr reunir esta cantidade.

Manifestación en apoio ás vítimas da Maruxaina. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O Xulgado conclúe a investigación do caso da Maruxaina e ordena que a causa se siga contra un sospeitoso

Os feitos, segundo o auto, poderían ser constitutivos dun delito de produción, distribución e tenza de material pornográfico.

Unhas gravacións en 2019 sen consentemento a 87 mulleres ouriñando nestas festas en Burela (A Mariña) apareceron colgadas en webs porno.