ECONOMÍA
A Galiza fica fóra das axudas estatais ao hidróxeno verde aprobadas pola UE
22/set./22
A Comisión Europea vén de dar luz verde ao financiamento de 35 proxectos de hidróxeno verde por parte de 13 Estados, cun investimento público total de 5.200 millóns de euros. Así, o Estado español financiará sete proxectos desta tecnoloxía, mais ningún deles se desenvolverá na Galiza, onde foran promovidos un total de 70. Por outra parte, o Consello da Xunta aprobou onte a declaración de "iniciativa empresarial prioritaria" dun proxecto deste tipo no municipio de Caldas de Reis.