Bruxelas aproba a "excepción ibérica": Portugal e o Estado español poderán regular o prezo do gas

A presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, compareceu esta cuarta feira ante o pleno do Parlamento Europeo para defender a necesidade dunha reforma "enorme" do mercado eléctrico europeo.
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. (Foto: Philipp von Ditfurth / dpa)
photo_camera A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen. (Foto: Philipp von Ditfurth / dpa)

Finalmente, a Comisión Europea deu o visto bo definitivo ao mecanismo deseñado polos Gobernos español e portugués para abaratar o prezo da luz, que o presidente do Excutivo español, Pedro Sánchez, nomeu como "excepción ibérica".

Ambos países levaban semanas a presionar Bruxelas para que aprobase unha medida pola que poderán regular o prezo do gas nos 50 euros o megavatio hora (MWh), cun período transitorio de seis meses no que ese prezo estaría en 40 euros.

A "excepción ibérica" entrará en vigor na vindeira terza feira, e os seus efectos serán inmediatos: o prezo do gas na cuarta feira estará xa regulado polo mecanismo aprobado no día de hoxe pola Comisión Europea.

Polo pronto, o Boletín Oficial do Estado (BOE) desta quinta feira publicará a orde que activa a medida, ao mesmo tempo que se vota no Congreso.

Reforma "enorme" do mercado eléctrico

A presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, compareceu esta cuarta feira ante o pleno do Parlamento Europeo para defender a necesidade dunha reforma "enorme" do mercado eléctrico europeo.

"Temos que reformalo e adaptalo ás novas realidades das renovábeis dominantes", afirmou Von der Leyen, quen explicou que o mercado está adaptado ao contexto de "fai 20 anos, cando comezaban a saír as primeiras renovábeis".

A presidenta da Comisión Europea recoñeceu que este cambio de modelo "levará tempo", mais "temos que dar un paso adiante para adaptar o noso mercado eléctrico ás condicións modernas".

En canto á "excepción ibérica", Von der Leyen sinalou que "se trata dun alivio a curto prazo que non cambiará realmente nada na estrutura do mercado".

Comentarios