POLÍTICA
A Quintana, ateigada para 'Gañarmos o futuro'
25/xul./22
Máis un ano, varios milleiros de persoas desfilaron polas rúas de Compostela este 25 de xullo con motivo do Día da Patria Galega. A manifestación convocada polo BNG baixo o lema 'Gañarmos o futuro' partiu pasadas ás 12 horas da Alameda con berros de "Galiza ceibe, poder popular".