Enquisa CIS após a carta de Sánchez: O PSOE saca 10 puntos ao PP, Sumar baixa e o BNG sobe

A sondaxe realizouse a sexta feira pasada, 26 de abril. con 1.809 entrevistas.

O electorado galego está chamado ás urnas o próximo 18 de febreiro (Foto: Joaquin Corchero / Europa Press).
photo_camera (Foto: Joaquin Corchero / Europa Press).

O PSOE gañaría as eleccións con 38,6% dos votos, seguido do PP, a 9,4 puntos de distancia e cun 29,2% dos votos.

Son os datos que revelou a enquisa flash publicada esta segunda feria sobre "Situación política española" do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), realizada a pasada sexta feira 26 de abril, tres días despois da carta á cidadanía de Pedro Sánchez na que abría un perído de reflexión sobre o seu futuro

En terceira posición quedaría Vox, con 11% en intención de voto, seguido de Sumar, con 7,2%. Por bloques, a suma de PP e Vox quedaría en 40,2%, fronte a un 45,8% que suman os partidos da coalición de Goberno español, PSOE e Sumar. O BNG obtería 0,9% dos apoios, mellorando o resultado que obtivo nas eleccións estatais de 2023.

Sobre a decisión de seguir á fronte do Executivo, case 37% dos enquisados apoiaba que Pedro Sánchez seguirse de presidente e 23% cre que Sánchez debería convocar eleccións, mentres que 20% consideraba que o presidente debería dimitir.

A mostraxe, tamén pregunta polos principais argumentos do contido da carta e 44,6% dos enquisados non apoia o "xesto" e a "actitude" do presidente de facela pública, fronte a un 43,1% que si o apoia. Un 41,1% considera que "ten razón" no que expón e un 38,8% que non a ten.

Ademais, 81,4% das persoas enquisadas considera que "tal e como está a situación da xustiza en España nestes momentos" é necesaria a súa reforma, fronte a 11,4% que non o ve así.

Na enquisa pregúntase tamén sobre se a xustiza española actúa sempre de forma imparcial ou en ocasións "vese influída por outros poderes políticos ou económicos", ao que unha gran maioría, 82,6% contesta afirmativamente. Pola contra, u9,5% cre que sempre actúa "de forma imparcial".

Ante a pregunta de se está xustificado o emprego de "mentiras, insultos e ataques persoais no debate político ou deberían existir límites que non deberían traspasarse", o 90,5% dos enquisados aposta por establecer estes límites. Só un 3,4% ve xustificada a utilización de "mentiras, insultos e ataques persoais" na política.

A enquisa contou de 1.809 entrevistas telefónicas.

Comentarios