A III Escola Soberanista analiza en Compostela “Un mundo en transformación”

A capital galega acolle, desde este sábado e até o 25 de xullo, a III Escola Soberanista baixo o título de ‘Un mundo en transformación’. Nela participan organizacións e entidades soberanistas do Estado español e do resto do mundo.

Xornada inaugural da III Escola Soberanista (Foto: Nós Diario).
photo_camera Miquel Roselló, Ana Pontón e Xabier Macias na xornada inaugural da III Escola Soberanista (Foto: Nós Diario).

Entidades de todo o Estado español a nivel político, cultural e sindical dentro do movemento soberanista de esquerdas, reúnense na Facultade de Óptica da USC ,en Santiago de Compostela, acolle desde este sábado, día 23, até a segunda feira, día 25, na terceira edición da Escola Soberanista, unhas xornadas de reflexión e análise nas que participan entidades de todo o Estado español a nivel político, cultural e sindical dentro do movemento soberanista de esquerdas.

A Coppieters Foudation (think tank de ámbito europeo vencellado á Alianza Libre Europea, con presenza en catorce nacións e rexións de Europa) e o Fórum Soberanista (espazo conformado por máis de 20 organizacións a nivel político, sindical e cultural do estado Estado español do ámbito do soberanismo de esquerda) son algunhas das entidades que organizan estas xornadas de capacitación en diferentes temas.

Esta III Escola Soberanista ten como obxectivos principais, segundo afirman desde a organización, “proporcionar recursos académicos e formativos a todas as persoas asistentes, así como promover o debate, o intercambio de ideas e xerar coñecementos compartidos ao redor da necesidade de políticas a prol da soberanía enerxética, a resolución de conflitos políticos, comprender e coñecer os procesos de dixitalización do mundo, analizar a situación económica a nivel europeo e mundial, analizar as causas e consecuencias do ascenso da ultradereita en Europa ou como construír desde a cooperación e a solidariedade unha Europa con xustiza social, democrática e respectuosa co dereito de autodeterminación dos pobos”. Ademais, participan na organización a Fundación Galiza Sempre, Fundación Moncho Reboiras e a Fundación Terra e Tempo.

No acto inaugural, realizado este sábado ás 16 horas na Aula Magna da Facultade de Óptica da USC, participaron Miquel Roselló, presidente do Forúm Soberanista, Ana Pontón, portavoz nacional do BNG,  e Xabier Macias, presidente da Fundación Europea Maurice Cooppieters.

Conferencias e debates

Posteriormente, Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre, realizou unha contextualización sociopolítica da Galiza para o arredor dun centro de asistentes á Escola Soberanista procedentes de distintas partes do Estado español.

A continuación, iniciáronse as diferentes conferencias, a primeira “A dixitalización a debate” contou coa participación de Paulo Carril, secretario xeral da CIG, Iratxe Esnaola, Doutora en enxeñaría informática na Universidade de Deusto, RIchar Benavides, politólogo e coordinador internacional de BRCS e unha intervención por videoconferencia de Tania Díaz, xornalista e Deputada na Asemblea Nacional de Venezuela.

Para finalizar esta primeira xornada, tivo lugar unha última conferencia baixo o título “Vellos conflitos nacionais sen resolver nunha Nova Orde Mundial” coa participación de tres mulleres: Nithya Nagarajan, Activista e representante do Sindicato de Desempregadas de Palestina; Embarka Hamoudi, Integrante da Unión Nacional de Mulleres do Sáhara; e polo Faleknas Uca, Vicepresidenta do HDP do Curdistán.

Programación do 24 e 25 de xullo

As xornadas continuarán o 24 e 25 de xullo, na mesma Facultade de Óptica o 24 xullo abordando temas como a soberanía enerxética, coa participación de Fernando Blanco (integrante da CIG-Industria), Carme Ferrer Cervelló (alcaldesa de Senán e deputada de ERC), así como unha conferencia con Andrés Piqueras, Profesor de Socioloxía e Antropoloxía na Universitat Jaume I, sobre a actual situación económica.

As sesións do 25 de xullo trasladaranse ao Festigal cunha xornada pola tarde a partir das 16.30 horas cun debate sobre ‘A extrema dereita e a democracia’, no que participarán Idoia Arreaza (Universitat de València), Ángeles Díez (Universidad Complutense) e Joana Montágua (Bloco de Esquerda) coa moderación a cargo de Xosé Lois Rivera (Fundación Moncho Reboiras).

Despois terá lugar un faladoiro sobre ‘Os retos da esquerda soberanista’ no que participarán Néstor Rego (BNG), Sara Bailoc (ERC), Mertxe Aizpurua (EH-Bildu), Amadeu Mezquida (Més Compromís) e Miquel Rosselló (Més per Mallorca). A moderación correrá a cargo de Ana Miranda (responsábel de relacións internacionais do BNG e portavoz en Bruxelas).

Comentarios