A Corte Penal Internacional podería emitir "en breve" ordes de arresto contra Netanyahu por crimes de guerra

Medios israelís sinalan que Tel Aviv comezou unha “maratón” de conversas con xefes de Estado para frustrar as ordes de arresto.

netanyahu
photo_camera Benjamin Netanyahu

A Corte Penal Internacional (CPI) da Haia podería emitir unha orde de arresto contra Bejamin Netanyahu, segundo informacións do xornal local Maariv, citado por RT segundo informou a Oficina do Primeiro Ministro de Israel

Desta maneira, Tel Aviv está a prepararse para recibir as ordes de arresto contra Benjamín Netanyahu,e os seus colaboradores, o ministro de Defensa Yoav Galant e o xefe do Estado Maior das Forzas de Defensa de Israel, tenente xeral Herzi Halevi, por crimes de guerra e acusacións de inanición deliberada que cometeron durante a guerra na faixa de Gaza.

Os informes da Oficina do Primeiro Ministro tamén dan conta de que Netanyahu e o xefe do Consello de Seguridade Nacional de Israel, Tzachi Hanegbi, mantiveron discusións urxentes sobre o tema, após o cal o primeiro ministro comezou unha “maratón” de conversas con xefes de Estado para frustrar tales ordes de arresto.

Así mesmo, a prensa de Israel asegura que “as ordes de arresto emitiranse moi pronto”.

Á luz desta posibilidade, informouse que o ministro de Relacións Exteriores, Yisrael Katz, instruíu ás misións israelís en todo o mundo a prepararse de inmediato para este escenario.

De igual modo, informouse que o fiscal da CPI; Karin Khan, está a levar a cabo unha investigación activa sobre os acontecementos, e mesmo visitou Israel e o cruzamento de Rafah. 

Comentarios