Rosalía de Castro

Garibaldi_
Un revolucionario galego do Banquete de Conxo aos camisas vermellas de Garibaldi

A rebeldía útil de Leonardo Sánchez Deus

A de Sánchez Deus é unha das biografías máis apaixonantes do século XIX galego. Protonacionalista e republicano na Galiza do Banquete de Conxo, internacionalista e socialista na Italia do Rexurdimento, exemplifica o revolucionario total e informa das correntes ideolóxicas de fondo presentes no círculo de Rosalía e Murguía.

 

Sementeira de Antías

En Vilalba, Terra Cha!

recital_manuelmaria
CULTURA

Alumnado de toda Galiza celebra o Día da Poesía recitando Rosalía e Manuel María

A Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, acolleu o concurso de recitado, dun "nivel altísimo que puxo moi complicado o veredito do xurado".

A complicidade marcou este traballo entre Uxía Senlle e o cantautor andaluz Javier Ruibal. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Uxía Senlle e Javier Ruibal: "En tempos tan belicistas, poetas como Rosalía de Castro e García Lorca tenden pontes"

De tu casa a la mía, a homenaxe musical que realizaron a Rosalía de Castro e Federico García Lorca a galega Uxía e o andaluz Javier Ruibal, preséntase este sábado en Compostela. Da admiración mutua entre ambos os artistas e o seu amor pola poesía naceu un traballo intimista en contacto directo coa tradición popular. Nós Diario conversa con ambos entre ensaio e ensaio sobre o proceso de creación e a mensaxe que queren transmitir ao público.  
Ruth Matilda Anderson, en Oseira, en 1925.
CULTURA

Ruth Matilda Anderson, tradutora da Rosalía de Castro feminista e galeguista

A investigadora Alba Rodríguez Saavedra analiza nun artigo recente como a fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson foi pioneira na tradución de Rosalía de Castro ao inglés, e como este achegamento á súa obra serviu para dar unha visión que adiantaba en varias décadas a imaxe que agora temos da autora.
Anxos García
CULTURA

Anxos García: "Rosalía está incandescente, aínda arde para nós; non é cinza, é unha obra que perdura"

Logo de celebrarse o Día de Rosalía de Castro a pasada cuarta feira, as homenaxes á escritora seguen a sucederse. Anxos García é a promotora de A rosa incandescente, unha curtametraxe que fai un percorrido pola súa figura e que se estreou o sábado pasado no auditorio municipal de Chantada.

Clara Schumann e Rosalía de Castro. Unha árbore tileira e un carballo

O ouro e mailo exército

Ourense
CULTURA

Actos polo día de Rosalía de Castro

Ofrenda floral polo Día de Rosalía en Lugo (Foto: Deputación de Lugo).
CULTURA

A Galiza homenaxea a Rosalía de Castro no seu día

Ducias de actos lembran a poeta nacional galega. Desde o Parlamento até as Deputacións pasando por numerosos municipios e entidades sumáronse a conmemorar a data en que naceu Rosalía de Castro.
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, xunto con alumnado do CEIP Rosalía de Castro, en Padrón. (Foto: Xunta da Galiza)
CULTURA

O Parlamento homenaxea Rosalía de Castro coa lectura da súa obra

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, asegurou que "somos herdeiros de Rosalía e estamos en débeda con ela".
Os novos documentos descubertos iluminan aspectos da vida de Rosalía até o de agora descoñecidos. (Foto: Nós Diario) #rosalía #rosalíadecastro
CULTURA

A AELG conmemora hoxe o Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) difunde na súa páxina web todas as actividades nas que colabora e e anima á cidadanía "a agasallar cun libro en galego e cunha flor" durante toda a xornada.

Todos se van

Homenaxe a Rosalía este sábado no Panteón de Galegos Ilustres (Foto: AELG)
CULTURA

A AELG destaca o papel do profesorado na difusión da obra de Rosalía

Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), afirma que Rosalía contribúe coa súa palabra a fomentar entre a xente nova o amor á nosa lingua.

Rosalía: documentos e fábulas

Pormenor dun manuscrito de Rosalía de Castro. (Foto: RAG)
star
Reportaxes

Rosalía no discurso emocional do rexionalismo

O investigador e académico Xosé Luís Axeitos encárgase de dar as claves dun importante espazo simbólico na vida de Rosalía: o escaso epistolario que nos quedou, testemuña de amizades, lecturas e influencias, mais tamén de baleiros que é preciso encher a través do estudo e a interpretación. 
O número 14 da rúa Real homenaxea a imprenta de Juan Compañel. (Foto: Concello de Vigo)
star
Reportaxes

O Vigo de 'Cantares gallegos'

Non foi casualidade que Cantares gallegos se editase en Vigo. A cidade era un punto de referencia do liberalismo e da recuperación e dignificación da cultura galega. O seu ambiente intelectual e político propiciou que nos talleres da imprenta de Juan Compañel se imprimise o volume que marca o inicio do Rexurdimento literario. Malia o curto período que Rosalía morou na urbe olívica, a edición deste libro e a rede de relacións tecida arredor dos círculos liberais vigueses fai desta cidade unha parada ineludíbel no itinerario rosaliano.
A Casa da Matanza.(Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Terra de Iria, a terra de Rosalía

Anxo Angueira, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, describe o que quizais é o espazo con maior carga simbólica e emotiva na lembranza da autora: Padrón, o lugar onde se erixe o maior monumento á súa memoria, a Casa da Matanza. E tamén as Terras de Iria, onde ecoan os versos da autora por toda parte.
Monumento a Rosalía na Coruña, obra de Manuel Ferreiro Badía. (Foto: Jose Luís Cernadas)
star
Reportaxes

Rosalía de Castro, na Coruña

A escritora e investigadora María Pilar García Negro pon en relación a estancia de Rosalía na Coruña cun tempo histórico que sería decisivo para o Estado español, mais que non tivo consecuencias na política galega: esa contradición reflíctese na obra da escritora na denuncia da galegofobia española e no retrato da lacra da emigración, no protagonismo do feminino, na defensa da patria galega e da súa cultura.