A AELG conmemora hoxe o Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) difunde na súa páxina web todas as actividades nas que colabora e e anima á cidadanía "a agasallar cun libro en galego e cunha flor" durante toda a xornada.
Os novos documentos descubertos iluminan aspectos da vida de Rosalía até o de agora descoñecidos. (Foto: Nós Diario) #rosalía #rosalíadecastro
photo_camera Os novos documentos descubertos iluminan aspectos da vida de Rosalía até o de agora descoñecidos. (Foto: Nós Diario) #rosalía #rosalíadecastro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro, que a partir deste ano será o 23 de febreiro. acto prinicpal tivérono en Compostela o pasado sábado mais para esta semana promoven, a través da súa base asociativa, outras actividades en diversas cidades e vilas do país.

Todos poden consultarse, actualizados, a través da súa  propia páxina web.

Tamén se poden atopar na páxina as propostas de actividades da AELG para os centros de ensino galegos, así como a listaxe de concellos e institucións que aprobaron en pleno a celebración do Día de Rosalía. Ademais, tamén está dispoñíbel o manifesto para esta celebración, obra este ano da escritora Beatriz Maceda Abeleira. 

Proposta presentada no Parlamento galego

Neste 2022, alén de todas estas propostas, a AELG dirixiuse ao Parlamento galego para, segundo explican nun comunicado, "propoñer a súa participación activa na difusión e recoñecemento da obra e a figura fundadora de Rosalía de Castro, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar".

Para esta asociación, "a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva" é un dos "procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural".

Por este motivo piden ao Parlamento  que emprenda  e  apoie  "a  realización  de  actividades  de  promoción  da  obra  da  nosa escritora que impliquen ao conxunto do pobo galego". 

Esta entidade busca, desde 2011, institucionalizar ese Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da literatura galega e animan á cidadanía "a agasallar cun libro en galego e cunha flor" durante a xornada deste 23 de febreiro.

Comentarios