rescate

Nicosia, Chipre
INTERNACIONAL

Chipre pide o rescate financeiro á Unión Europea

A escasos días de asumir a presidencia da UE, Chipre solicita axuda financeira para recapitalizar a súa banca.
Rajoy no cumio do G-20 en México
Mundo

Rajoy critica diante do G-20 o seu propio rescate

O presidente español evidenciou o seu malestar polo sistema de axuda que suscribiu hai uns días con Bruxelas. Nunha intervención en Los Cabos (México) xustifica con este argumento a caótica situación da débeda soberana e a pouca credibilidade do seu goberno diante dos inversores.
Robert Zoellick, do Banco Mundial
ECONOMÍA

O presidente do Banco Mundial considera "moi mal feito" o rescate ao Estado español

Robert Zoellick lamenta que se desperdiciara "unha oportunidade"  para recuperar a confianza na eurozona
Peche en Compostela
ECONOMÍA

Peches en bancos en protesta contra un rescate "contra @s traballador@s"

Afiliad@s da CIG levan a cabo peches en entidades bancarias de diversas cidades e vilas da Galiza para denunciar un rescate á banca que, apuntan, vai acabar pagando a cidadanía
EN NOVE CIDADES GALEGAS

A CIG convoca concentracións contra o rescate

O sindicato quere mobilizar a cidadanía esta sexta, día 15, contra a "estafa" do rescate e advertir das súas consecuencias para a poboación, "nomeadamente para a clase traballadora".
Mundo

O rescate español, un plaxio do irlandés e unha pedra ao pescozo da cidadanía

A crise en Irlanda desatouna tamén o afundimento dun banco: Anglo-Irish Bank sería o seu Bankia. Despois chegou a man europea, cunha 'doazón' moi semellante á española. Recortes nos dereitos sociais para dirixir fondos públicos cara a banca, subas de impostos camufladas na redución de ingresos mínimos, incremento na idade de xubilación e unha reforma laboral que deixou o salario mínimo nun euro por hora
Concdntración en Compostela
Galiza

Concentracións na Galiza exixen un referendo sobre o rescate

Centos de persoas secundan as concentracións do BNG en 12 cidades e vilas galegas para denunciar o "roubo ao pobo" que supón o rescate e exixir un referendo "por democracia e transparencia"
Mundo

Causa Galiza valora que o rescate converte o Estado español ''nun protectorado''

@s soberanistas alertan da "situación de indefensión" na que fica o noso País tras a intervención ao carecer de soberanía política, e cuestionan "a utilidade política" da Xunta
Grupo parlamentar o BNG
A CIG CHAMA ÁS MOBILIZACIÓNS O VENRES, E A UNHA GRAN MANIFESTACIÓN O 1 DE XULLO

Xornada de concentracións contra o rescate

@s deputad@s do BNG na Cámara galega concentráronse ás portas do Parlamento para exixir un referendo sobre o rescate, nunha xornada marcada polas mobilizacións en vilas e cidades para mostrar o rexeitamento a unha decisión que afectará con dureza á cidadanía

 

Portada de Die Welt de 2010
ECONOMÍA

A prensa internacional teno claro: É un rescate

Os medios de Europa e América empregan a palabra omitida polo presidente español, rescate, analizan os “erros de comunicación” do mandatario e sorpréndese porque Rajoy anuncie o rescate como unha vitoria
Concentración na  Catalunya. Foto: @SantiDemajo
ECONOMÍA

Concentracións cidadás contra o rescate

Vilas e cidades do Estado Español están a ser escenario nestas últimas horas de concentracións cidadáns para amosar o rexeitamento ao rescate e á xestión do goberno español
ECONOMÍA

BNG lamenta que Rajoy intente enganar á cidadanía e advirte que o rescate é un "saqueo" ao pobo

Mariano Rajoy
ECONOMÍA

O Estado español pide o rescate bancario

Os ministros de Economía e Finanzas da Zona Euro acordaron que o goberno español solicite o rescate, e barallan unha cantidade a destinar para sanear o sistema bancario español de ata 100.000 millóns de euros. De Guindos négase a falar de rescate e afirma que é só "un empréstito, en condicións moi favorábeis".
Xuntanza anterior do Eurogrupo e FMI
ECONOMÍA

O Eurogrupo aborda vías para o rescate bancario do Estado español

O Eurogrupo celebra unha xuntanza para estudar a vía do rescate bancario de España, cita que se produce horas despois de que o FMI cifrase en 40.000 millóns de euros as necesidades da sistema financeiro español nun informe que vén de dar a coñecer antes do previsto

ALEMAÑA PROPÓN UN RESCATE SUAVE A TRAVÉS DO FROB

Europa prevé que España pida o rescate esta fin de semana, malia a negativa do goberno

Reuters informa de que para mañá hai convocada unha teleconferencia dos ministros de Economía do euro. Das tres fontes consultadas pola axencia, unha afirma que o goberno español pedirá o rescate para recapitalizar os bancos o sábado pola tarde, converténdose no cuarto socio do euro rescatado. Un voceiro do presidente, Mariano Rajoy, que hai dez días que negou o rescate, respondeu a isto que non vai "comentar as especulacións".