EN NOVE CIDADES GALEGAS

A CIG convoca concentracións contra o rescate

O sindicato quere mobilizar a cidadanía esta sexta, día 15, contra a "estafa" do rescate e advertir das súas consecuencias para a poboación, "nomeadamente para a clase traballadora".

A CIG de Compostela convócaa para ás 12:00, na Praza de Galiza. Nela estará, ademais da dirección comarcal da central sindical na comarca, o secretario xeral, Suso Seixo. Na Coruña, será á mesma hora diante do edificio do Banco de España (r/ Durán Loriga).

Tamén ás doce terán lugar a de Burela, diante da oficina de Bankia (r/ Castelao); a de Pontevedra, diante da ofina de Bancaja, na rúa Rosalía de Castro (onde está a Audiencia Provincial); e a de Vigo, no cruce de Colón con García Barbón.

A de Ferrol está posta para as 11.45, diante do edificio da Xunta, na Praza de España. A de Ourense, para as 11:30, diante da oficina de Bankia, na rúa Diagonal. Por último, a de Lugo será xa ás 12.30, diante da oficina de Bankia, e a do Barco de Valdeorras, xa ás 20.00, diante do Concello.

Comentarios