Concentracións cidadás contra o rescate

Vilas e cidades do Estado Español están a ser escenario nestas últimas horas de concentracións cidadáns para amosar o rexeitamento ao rescate e á xestión do goberno español
Concentración en Ourense. Foto: @OscarPinal
photo_camera Concentración en Ourense. Foto: @OscarPinal

De Ourense a Barcelona e de Madrid a Sevilla, nestas horas estanse a realizar concentracións de cidadáns e cidadás en diferentes partes do Estado español para expresar o malestar por un rescate europeo aos bancos que vai acabar pagando a cidadanía e para criticar a xestión de Mariano Rajoy e o goberno español. As convocatorias realizáronse mediante as redes sociais e nas mesmas está a se implicar o movemento 15M.

Nalgunhas das mobilizacións foron visíbeis faixas pedindo a dimisión de Mariano Rajoy e mesmo alcumándoo de covarde e botándolle en cara o ter ido a Polonia a apoiar a selección española.

As persoas concentradas consideran que o rescate, para Mariano Rajoy, "liña de crédito", vai ter consecuencias directas e prexuciais sobre a cidadanía, que se concretarían en máis recortes e medidas de austeridade a custa de servizos públicos e dereitos laborais.

Exixen a Rajoy que compareza no Parlamento

As diferentes organizacións de esquerda con representación no Parlamento español, entre elas o BNG, exixen a Mariano Rajoy que compareza na Cámara baixa para explicar o rescate 

Foto de portada: @SantiDemajo

Comentarios