O presidente do Banco Mundial considera "moi mal feito" o rescate ao Estado español

Robert Zoellick lamenta que se desperdiciara "unha oportunidade"  para recuperar a confianza na eurozona
Robert Zoellick, do Banco Mundial
photo_camera Robert Zoellick, do Banco Mundial

O rescate a España estivo "moi mal feito", en opinión de Robert Zoellick, presidente do Banco Mundial, que considera que ese paso tña que ter sido "unha oportunidade" para recuperar a confianza na Eurozona. Algo que, á vista da reacción dos mercados ao rescate a España, non se producíu.

Zoellick, que participa no B-20, un foro de empresari@s que vai da man do G-20, entende que o procedemento de rescate non se fixo da forma acaída, de aí que "a xente" teña dúbidas tanto no que respecta á orixe e procedencia dos 100.000 millóns de euros destinados ao rescate, como a qué se supeditan ou subordinan eses cartos, ou ben cal vai ser o efecto de toda esta operación na débeda. Un conxunto de preguntas, considera o presidente do Banco Mundial, que se traduce en dúbidas nos mercados.

Para Zoellick, xa que logo, ese resacte deberíase ter feito doutro xeito. Alén diso, o presidente do Banco Mundial tamén criticou que a prensa se mostrase moi crítica co rescate e as súas consecuencias.

Comentarios