O G-20 pendente da crise na zona euro

As potencias mundiais asinarán hoxe un documento de apoio ás medidas de crecemento en Europa.  Obama e Merkel manteñen as súas diferenzas no xeito de afrontar a difícil situación económica
G-20

As potencias mundiais do denominado G-20, foro de 19 países, máis a Unión Europea, tentan salvar a debilitada economía da zona euro a base de declaracións de principios. Esta é a impresión que ten moita da prensa internacional que estes días segue o encontro en Los Cabos (México) despois de anunciarse que hoxe haberá un comunicado conxunto en favor do crecemento mundial.

A propia comisión europea deixou clara a idea de que non lle gusta a  inxerencia nos seus asuntos

Mais as diferencias entre os diferentes gobernos seguen aí. A propia comisión europea deixou clara a idea de que non lle gusta a  inxerencia nos seus asuntos segundo declarou o seu presidente, Durão Barroso e  recolleron medios de comunicación como o xornal Público e o Corriere della Sera. É a resposta europea á reunión que por sorpresa tiveron o presidente dos EEUU, Barack Obama, e a canceleira de Alemaña, Ángela Merkel antes do cumio do G-20. Neste encontro evidenciáronse as diferenzas entre a aposta polo crecemento de Obama e a dura disciplina financeira que Merkel impón en Europa.


Máis en Mundo
Comentarios