Uganda responde a sms de Rajoy: ''A nós non tiveron que nos rescatar nin pedimos cartos ao FMI''

As desafortunadas palabras coas que o presidente do Goberno español intentou animar a De Guindos --"Aguanta. Somos a cuarta potencia de Europa. España non é Uganda"-- sentaron mal no país centroafricano, que baixou a inflacción sete puntos nun ano grazas á banca pública

"Aguanta. Somos a cuarta potencia de Europa. España non é Uganda". Foi a mensaxe de texto que o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, enviou ao seu ministro de Economía, Luis de Guindos, ao inicio da xuntanza d@s ministr@s de Economía e Finanzas do Eurogrupo para negociar o rescate á banca. E Uganda respondeu á mensaxe: "A nós non nos tiveron que rescatar, nin pedimos axuda ao FMI. Pasamos dun 25% de inflacción a un 18% cunha banca nacional africana e sen pedir ningún préstamo, cousa que non poden dicir outros países... como España".

Son as palabras do colaborador do Goberno ugandés en España, Santiago Jiménez, quen reclamou que "estaría ben unha desculpa". Aínda que os niveis de desenvolvemento na república centroafricana fican lonxe dos rexistrados no Estado español, reduciu a inflacción en sete puntos no ano pasado e leva dez anos sen conflitos no seu territorio. "Usar Uganda nunha frase como a de Rajoy é alimentar un estereotipo do que tratamos de fuxir", dixo Jiménez, e anunciou que trasladará o contido da mensaxe de Rajoy ao Goberno ugandés.

Máis en Mundo
Comentarios