A hostalaría de Pontevedra inicia unha andaina até o Congreso para pedir o “rescate”
Na marcha participa unha representación do sector que agarda chegar a Madrid o 21 de decembro. Solicitan solidariedade para comer e durmir nestas dúas semanas de ruta.
Ana Pontón urxe un plan de rescate integral da hostalaría
Celsa, con planta na Galiza, estuda acollerse ao fondo de rescate
Angela Merkel: Europa nas súas mans
Unións Agrarias demanda un rescate para o sector do viño
O sindicato reclama da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que "xunten esforzos" para elaborar un plan de recuperación económica adaptado ao sector do viño.
Promesa por escrito: non haberá troika
Solidariedade da UE, mais dentro dos tratados, chave na negociación do rescate
Italia fecha os seus portos aos migrantes rescatados no Mediterráneo
O Goberno considera que non se dan as condicións adecuadas para acollelos mentres dure o estado de emerxencia sanitaria.
Dos 9.000 millóns de euros públicos para 'sanear' Novacaixagalicia só 783 millóns recuperados
O banco resultante vendeuse por mil millóns ao venezuelano Banesco. Abanca acumula beneficios por 2.800 millóns.
Grecia terá que lexislar duros recortes antes da cuarta feira para ter un novo resgate
Os líderes do euro dánlle a Alexis Tsipras de prazo até a cuarta feira para lexislar as duras reformas que se lle exixen antes de negociar un novo rescate. Entre os requirimentos que se lle piden a Atenas atópanse os recortes nas pensións e o encarecemento do IVE.
EH Bildu pide o PNV que rescate o Plan Ibarretxe como “punto de partida” cara á independencia
A coalición abertzale fixo un chamamento para que nas próximas eleccións non haxa “ningún goberno en contra do dereito a decidir” en toda Euskal Herria.
Grecia acorda co Eurogrupo prorrogar o rescate durante 4 meses
A prórroga do segundo rescate será finalmente de só 4 meses e non de 6 como propuxera Grecia na terza feira. O acordo é precário e aínda se ignora a que se compromete Atenas en troca da liña de financiamento.
Grecia, premida polo ultimato, pide unha prórroga de seis meses do segundo rescate
Vitoria de Berlín/Bruxelas no pulso con Atenas. Xa veremos de que dimensión. Após o fracaso da cimeira do Eurogrupo decorrida esta segunda feira, Grecia, afogada pola falta de liquidez, aceitou esta terza feira á noite demandar unha prórroga de 6 meses do seu segundo rescate financeiro.
Vence pide a Feijóo que explique por que Galiza ten que pagar o rescate das autoestradas de Madrid
O portavoz do BNG demanda a transferencia libre de cargas da AP-9 e avanzar cara a gratuidade das peaxes.
“Galiza sen peaxes”, novas accións do BNG polo “rescate” das autoestradas
Varios actos reivindicativos en distintos puntos da AP-9 esixirán este sábado ao longo do día unha “Galiza sen peaxes”. O BNG reclamará o cumprimento dos compromisos das concesionarias das autoestradas.
As autoridades tardaron 2 horas en activar o nivel de emerxencia acaído ao sinistro
Os partes do Servizo de Emerxencias 112, aos que tivo acceso El País, sinalan graves erros e deficiencias de coordinación e comunicación durante o operativo de rescate: Helicópteros mobilizados que non despegan, ausencia dun posto de control, falta de coordinador sanitario, dificultades coa luz artificial nun rescate norcturno...
A peaxe de Chipre polo rescate: recortes en pensións e salarios, despedimento de funcionarios e repagamento
A Troika xa ten o documento que recolle as condicións que ten que cumprir esta illa por ser 'rescatada'. Contempla unha manchea de exixencias, desde unha liberalización do mercado laboral até botar á rúa a 4.500 empegad@s públic@s, pasando por tesoirada ás pensións e o aumento en dous anos da idade de xubilación. Mesmo se fixa un imposto para orfos e viúvas
O diñeiro ruso será quen pague o resgate á banca internacional acordado por Bruxelas e Nicosia
Acordo de última hora e de madrugada en Bruxelas entre a UE e Chipre. Os depósitos de menos de 100.000 euros ficarán indemnes, grazas á presión popular e ao voto contrario do Parlamento de Nicosia ás condicións do resgate. O acordado onte supón que o resgate a Chipre -10.000 millóns de euros- será financiado basicamente polos depósitos superiores aos 100 mil euros. Na práctica, o que se resgatan son os bancos chipriotas e quen asumirá a parte do león da factura será o capital ruso investido na illa mediterránea.