583, novo récord histórico da prima de risco española

Os números rachan os argumentos económicos de Bruxelas. Nin o rescate do Estado español nin a vitoria dos partidos pro-rescate en Grecia frean a desfeita.
Bolsa de Madrid

Horas despois da celebración das eleccións gregas a situacón da economía da Eurozona non da sinais de recuperación. Hoxe mesmo a prima de risco dos bonos españois a dez anos disparouse até acadar outro record histórico: os 583 puntos básicos. Estes días pasados Bruxelas argumentou que a recuperación económica da zona euro pasaba por unha vitoria da dereita en Grecia despois do rescate ao Estado español por valor de 100.000 millóns. Os mercados non pensan o mesmo e o bono a 10 anos móvese nunha elevada rentabilidade e por primiera vez por riba do 7%, mentras que o alemán, a referencia para os inversores, atópase no 1,4%. Unha das razóns destas altas cifras é a desconfianza dos inversores en que o goberno de Rajoy poda devolver o que debe e unha esixencia maior cara unha inversión considerada "de risco".

Unha das razóns destas altas cifras é a desconfianza dos inversores en que o goberno de Rajoy poda devolver o que debe

Dúbidas
Agora a aportación europea de 100.000 millóns de euros pode ser máis un problema que unha solución polas dúbidas que están a ter moitas das inversións tradicionais en débeda do Estado español. A pouca información que ao respecto difunde o goberno de Rajoy tampouco axuda. Aínda hoxe non se sabe en que prazos e condicións poderán acceder a esta inxección de capital as entidades bancarias, nin cal será a institución europea que aportará os fondos. Tampouco hai cifras claras das cantidades que precisarán estas entidades nin como nin cando será a devolución do prestado. Por último a posibilidade real, segundo afirma o propio Eurostat, de que a devolución deste rescate europeo sexa a través de débeda pública fai máis intensa a sensación de inseguridade entre @s inversor@s.   

Comentarios