Padrón

O escritor e profesor da UVigo Anxo Angueira.
CULTURA

Anxo Angueira ingresará na Real Academia Galega o 27 de abril nunha sesión pública en Padrón

O escritor e profesor da Universidade de Vigo, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, dará lectura ao discurso titulado I es a noite, i es a aurora. A poética da luz de Rosalía de Castro.

O GP do Porriño baixará o pano do torneo o próximo 16 de xuño. (Foto: RFEC).
DEPORTES

A Clásica de Pascua abre a Copa Galiza de Ciclismo

O certame consta de catro probas en 2024.
anxo capa
Entrevista

Anxo Rei (PSdeG), alcalde de Padrón: "Facer política desde a igualdade e o feminismo é imperativo nunha democracia avanzada"

Un acordo do PSdeG co BNG permitiu que o historiador e arqueólogo Anxo Rei Arca (Padrón, 1989) puxese fin a 12 anos de Alcaldía do PP na capital da comarca do Sar. Padrón conta cunha sólida situación económica e no seu amplo patrimonio cultural dispón das fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela. Para Arca, Padrón ten que dar o salto dun concello ancorado operativamente na etapa predixital a crear as condicións urbanísticas e sociais para atraer máis poboación.
Estación de tren de Padrón (Foto: Nós Diario).
Agora

Unha avería mantén parado en Padrón máis de hora e media un tren da liña Vigo-Coruña

Unha avaría mantivo parado sobre a vía ás portas do municipio de Padrón (comarca do Sar) un tren da liña de media distancia entre Vigo e A Coruña. O tren tomou a saída da estación de Vigo pero quedou paralizado por "unha incidencia técnica puntual" na zona de Padrón durante 95 minutos, segundo informaron fontes do operador ferroviario. Transcorrida máis de hora e media, o tren puido retomar a marcha e circulou cun atraso acumulado de 110 minutos.

O primeiro certame será o da Boa Vila e está programado en marzo. (Foto: Sergio Rodríguez Rosales).
DEPORTES

A Galiza volverá contar con tres probas na Copa de España de ciclismo

Repiten no calendario de 2024 os Grandes Premios de Pontevedra, Padrón e Vigo.
271276316_4835535433171938_8337848632047405284_n
Máis

Para voar sobre as árbores

Os ecoparques como alternativa de ocio
Acto convocado na Casa de Rosalía este 17 de maio.
Agora

A Casa de Rosalía presenta o número monográfico de 'Follas Novas' dedicado a Murguía

A Casa-Museo de Rosalía de Castro sumouse neste 17 de maio ás celebracións polo Día das Letras Galegas. A sede da fundación acolleu un concerto do saxofonista Pablo Castaño co guitarrista brasileiro Iván Vilela, a quen se lles sumou a cantora Felisa Segade, ademais de presentar o sétimo número da revista Follas Novas, dedicado á figura de Manuel Murguía.
comartca
28-M

A Barcala, Compostela e O Sar: Tres comarcas que resumen un país

As comarcas de Compostela, O Sar e A Barcala suman 12 concellos e 196.000 habitantes, 7,5% da poboación galega. Nos seus 1.079 quilómetros cadrados de extensión hai desde un potente sector metalúrxico até unha forte industria láctea, pasando por uns servizos en constante evolución ou unha economía turística con cada vez maior presenza. Hai concellos coa maior proporción de xente nova da Galiza e municipios afectados polo avellentamento e o despoboamento. E todos miran ao 28 de maio.
Casa do Concello de Crecente (A Paradanta). (Foto: Nós Diario)
Eleccións municipais

Impugnan o censo de Crecente polo ‘incremento anormal’ do padrón de habitantes

O BNG denuncia irregularidades.

Estatua de Rosalía, no Paseo do Espolón, en Padrón. (Foto: Arousa)
star
Reportaxes

Rosalía nos camiños

A obra  'En las orillas del Sar', de Rosalía de Castro, inspira esta ruta promovida polos concellos de Rois, Dodro e Padrón, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro que aquí se extracta. Senda circular cun percorrido á beira do Sar de dificultade moderada, permite descubrir as fermosas paisaxes de Terras de Iria que inspiraron a escritora.
Imaxe de arquivo dunha protesta contra as touradas. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Multa de 300 euros á promotora dunha capea pola presenza de menores no evento

A sanción é a máis baixa que recolle a lei por unha infracción que pode supor até 30.000 euros.

Ría de Padrón

Azulexos procedentes do Castelo de Rocha Branca (Foto: Museo de Cáceres).
star
Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

Na bisbarra do Sar. Rocha Branca, Padrón coas súas torres e murallas e o Castro Lupario

Non son moitas as referencias que posuímos sobres as murallas da vila de Padrón, aínda que sabemos que na súa contorna próxima se alzou a fortaleza da Rocha Forte, un bastión castrense de destacada importancia para os arcebispos de Compostela. Así e todo, foron varias as torres fincadas no interior do recinto urbano e non poucos edificios de relevancia os esparexidos pola bisbarra do Sar, incluso o mítico Castro Lupario. Mais, ao igual que aconteceu con Rocha Forte, as Torres de Padrón tamén serviron de residencia para os titulares da cadeira metropolitana de Santiago.
O ex gardameta de Celta e Dépor morreu aos 87 anos de idade. (Foto: RC Celta).
DEPORTES

OBITUARIO | Manuel Allegue 'Padrón'

 Adeus ao porteiro galego que intimidou á lendaria 'Panteira Negra', Eusébio.
Un dos monicreques do espectáculo.
Axenda

Monicreques en Padrón: "Varietés do animalario" de Paporrubio

O espectáculo de monicreques poderá verse no Paseo do Espolón a partir das 21.30 horas
Os Quinquilláns.
Axenda

Animación en Padrón: "Terra de raíñas" dos Quinquilláns

O espectáculo dos Quinquilláns terá lugar na Praza das Macías de Padrón a partir das 20.00 horas
Parte da madeira incautada. (Foto: Garda Civil)
ECONOMÍA

Descobren unha trama de roubo de madeira promovida por unha empresa forestal en Padrón

Dous veciños de Brión foron detidos por estes feitos.
María López Sández.
Axenda

Exposición en Padrón: "Herbario de Rosalía. Nasín cando as prantas nasen"

A exposición poderá verse no Auditorio da Casa Museo Rosalía de Castro de Padrón
Darío Xohán Cabana será lembrado na homenaxe en Padrón.
Axenda

Homenaxe a Darío Xohán Cabana na Casa Rosalía de Padrón

Fuxan os Ventos, O Leo, o Mago Antón e Eliseu Mera serán algúns dos participantes na homenaxe a Darío Xohán Cabana 
A proba repartirá puntos para os ránkings da Federación Estatal. (Foto: Team Oiense)
DEPORTES

A Clásica de Pascuilla abre en Padrón a Copa Galiza 2022

O certame arranca este sábado ás 14 horas da tarde.