Descobren unha trama de roubo de madeira promovida por unha empresa forestal en Padrón

Dous veciños de Brión foron detidos por estes feitos.
Parte da madeira incautada. (Foto: Garda Civil)
photo_camera Parte da madeira incautada. (Foto: Garda Civil)

A Garda Civil vén de deter dous veciños do municipio de Brión como supostos autores dun delito de roubo de madeira que estaba valorada en oito mil euros.

Segundo informa, dos feitos tívose coñecemento o pasado 27 de maio após a denuncia interposta pola empresa adxudicataria polo Ministerio de Fomento para a talla de árbores das marxes das estradas do Estado na Galiza.

En concreto, comunicaron o furto de varias toneladas de madeira apiladas para o seu posterior transporte das zonas de Pazos e Faramello (Padrón).

No transcurso da investigación, descubriuse "unha trama delituosa dunha empresa forestal cuxo modus operandi consistía na retirada da madeira en nome dun encargado da empresa adxudicataria para, posteriormente, vendela e obter grandes beneficios". Esta trama chegaba até a zona de Paderne.

A Garda Civil detivo dúas persoas por estes feitos e recuperou até 150 toneladas de madeira. As dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xulgado de Garda de Padrón.

Comentarios