Xurxo Souto leva os Contos do mar de Irlanda a Barcelona
Esta cuarta feira, 14 de outubro, Xurxo Souto levará a Barcelona o arrecendo do mar cunha nova presentación de Contos do Mar de Irlanda. O escritor cóntanos que a de Barcelona será a 75ª “perfomance interactiva” nas que converte as presentacións do libro, que vén de sumar a súa quinta edición.
Teresa Moure: "O Amor escreve-se em maiúsculas e o amor é entrega"
Teresa Moure apresenta esta quinta feira em Compostela (20 h, Faculdade de Filosofia) Ostrácia, o seu último romance, num acto no que estará acompanhada por Chus Nogueira, professora da USC e crítica literária. Com tal motivo, resgatamos a conversa que publicámos com ela no número 163 do nosso semanário
A AELG tece o futuro da literatura galega
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este sábado o VI Congreso de Escritores e Escritoras da AELG para tecer o futuro da literatura galega nos próximos tempos. Falamos co presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, sobre as conclusións dos grupos de traballo.
Think tanks novos para vellas ideas equivocadas
Galiza non vai sobrada de espazos para o debate, para a análise ou para a reflexión colectivas. Certamente. Con todo, eu non penso alentar o retorno a vías mortas que xa transitamos a nivel discursivo, porque sería teimar no erro, abxurar da rectificación política que tanto custou (e inda custa) e sumar inda máis confusión e incerteza.
“Intentando golpear ideas”
O fotógrafo Damián Ucieda achéganos através da súa fotografía á conflitividade do noso tempo.
Galiza Sempre lanza ideas.gal
A fundación de pensamento nacionalista presentou un portal no que proxecta ideas e voces arredor da cuestión nacional galega, o feminismo e a lingua.
Xuntanza poética para celebrar a segunda edición de 'Transfusión Oceánica'
Arteixo acolleu a palabra de 21 poetas nun recital que tamén contou coa música de Bieito Romero e que serviu para acompañar a nova publicación do libro mariñeiro de Xosé Iglesias.
A Coruña conta cun novo espazo cultural: Linda Rama
Unha libraría con cafetaría abre as portas na Cidade Vella nun momento no que o tristemente habitual é o peche destes establecementos. Poñerá especial interese no ensaio e terá programación propia
Medio milleiro de persoas participan no Convivio cultural da Fundación Manuel María
Representantes do asociacionismo cultural de base galego xuntáronse en Outeiro de Rei, nunha cita que intentará consolidarse para poñer en común experiencias e iniciativas e que tamén serviu para lembrar a figura do falecido poeta.
A RAG concedeulle o Día das Letras de 2015 a Filgueira Valverde por un único voto
Só un apoio máis que Celestino Fernández de la Vega, que foi o outro finalista, obtivo o ex-alcalde franquista de Pontevedra para ser o homenaxeado institucional o próximo 17 de maio, nunha decisión cuxa polémica non acouga.
Diplomáticos e Gagarin, entre os protagonistas dos libros galegos máis vendidos en xuño
'A Viaxe de Gagarin', de Fernández Paz, en narrativa, e 'Non Temos Medo', de Rodri Suárez, en ensaio, encabezan a táboa que publica Caderno da Crítica, que tamén destaca a Marta Dacosta en poesía e Rosa Aneiros en xuvenil.
Luz Darriba gaña o premio no Certame de Relatos sobre a Igualdade
O segundo premio foi para Pitusa Arias nunha gala que se realizou en San Sadurniño e que na recitou Helena Villar.
Falece García Márquez, o xenial narrador da "avoa galega"
O escritor colombiano -moi relacionado con Galiza, coa que tiña ascendencia familiar- morreu en México aos 87 anos. Foi Premio Nobel en 1982 e entre as súas obras destacan 'Cen Anos de Soidade' ou 'Crónica dunha Morte Anunciada'. "Galiza é un país moito máis mítico do que moitos galegos imaxinan", afirmou nunha crónica.
Festa da ATravés para lanzar o novo libro de Teresa Moure, 'Politicamente Incorreta'
A tarde de troula foi marcada para o sábado 29 de Marzo ás 16.30h en Compostela, na Praza do Toural. Canda a escritora estarán outr@s autor@s que teñen publicado nesta editorial. Non han faltar tampouco a música (ao vivo) nen, por suposto, os libros.
Rosalía, ''a intérprete máis veraz dos dramas da Galiza como nación e pobo'', fai 177 anos
A Asociación de Escritor@s en Lingua Galega rendeu culto á poeta nacional no Panteón de Galeg@s Ilustres na véspera no aniversario do seu nacemento, o 24 de febreiro de 1837.
''Contar a vida na aldea dos Vilares é un deber co noso pasado e futuro''
Conversamos con Pastora Veres, impulsora do proxecto literario e audiovisual Os Vilares, lareira de soños, inspirado no lugar onde naceu e morou Xosé María Díaz Castro, o poeta chairego ao que vai dedicado o Día das Letras deste 2014.
''A linguaxe xurídica e a poesía erótica son como auga e aceite, pero caben no mesmo vaso''
A entrevista con Mercedes Leobalde non se limitou só a unha agradábel conversa. A autora do poemario erótico Chamádeme Eva tivo a ben agasallarnos cun relato inédito que escribiu para un obradoiro impartido por Antía Otero. E Antía Otero tivo a ben agasallarnos co texto que escribiu para a presentación de Chamádeme Eva.