Galiza Sempre lanza ideas.gal

A fundación de pensamento nacionalista presentou un portal no que proxecta ideas e voces arredor da cuestión nacional galega, o feminismo e a lingua.

A Fundación Galiza Sempre lanzouse á rede cun novo portal de información (ideas.gal) no que partillará ideas, voces e conversas arredor de diversos temas mais cun nexo común: a soberanía. 

O espazo, afirman desde a fundación, visa partillar "coñecemento, debate e opinión" entre todas as persoas e colectivos que "temos Galiza como marco de referencia central na nosa acción política, social ou cultural". 

No seu lanzamento ideas.gal comeza a súa andaina cun avanzo da conversa entre Guillerme Vázquez, presidente da Fundación Galiza Sempre, e Eduard López de ERC. Aliás, artigos da investigadora Helena Miguélez Carballeira, o xornalista Fran P. Lorenzo ou o historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel dan a pistolada de saída a este portal de pensamento. 

Máis en Letras e Ideas
Comentarios